Malpica acolle unha concentración de kaiaks de Mar


O Club Náutico de Malpica organiza a I Concentración de Kaiak de Mar Concello de Malpica. A concentración terá lugar este sábado 4 de xuño a partir das 16.00h con saída desde a Praia Maior de Malpica cara as Illas Sisargas, desembarco e parada para coñecer a illa e volta ao porto de Malpica.
Ademais organizarase unha ruta de sendeirismo cara ao cabo San Adrián e unha churrascada de confraternización con primeira copa gratis nos pubs de Malpica para todos os participantes.
Inscricións
O custo de inscrición é de 15€ por participante (inclúe un avituallamiento con algo para comer e beber para a merenda e a churrascada ou sardiñada) e de 10€ para os acompañantes.
Os requisitos, custos e tramitación de inscricións poden facerse a través da web do Club Náutico de Malpica: www.nauticodemalpica.com.
Máis información
Novas relacionadas
- O Piragüismo Dumbría volve de Padrón con 3 medallas de 4 posibles.
- Dumbría tamén apúntase á vela.
- As augas submariñas de Fisterra prepáranse para ser retratadas.