Malpica e Cee saíron á rúa contra a emigración galega

Este pasado sábado 14, os concellos de Cee e Malpica foron dous dos 43 concellos de toda Galicia que se sumaron ás concentracións convocadas pola plataforma social Vía Galega para pechar a súa campaña “Non emigramos. Expúlsannos”.
Unhas 60 persoas acodiron á chamada bergantiñá, e unhas 30 á de Cee, contando co mal tempo reintante. Pero a chamada vai máis alá das propias concentracións. Como levan lembrando durante toda a campaña, e como lembrou o manifesto, nos últimos 10 anos son máis de 200.000 persoas as que abandonaron Galicia, das cales 80.000 eran menores de 30 anos.
"Eu quedo aquí" lembra a concentración Vía Galega en Malpica
A plataforma, conformada por máis de 70 entidades sociais do país, insta a que os concellos tomen conciencia e parte activa no drama que supón a emigración e que demande ao Parlamento Galego tomar medidas, “xa que estamos nunha comarca con talento e potencialidades que cómpre poñer en valor. Defendendo a base produtiva e unha economía autocentrada que mobilice todos os recursos para xerar emprego e riqueza na comarca”, explicou Miguel Muíño.
Á concentración estivo apoiada pola veciñanza, militantes do BNG e da CIG das comarcas de Bergantiños e Cee.
Xaime Trillo leu o manifesto de Via Galega en Cee
NOVAS RELACIONADAS
Artigos relacionados
- A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031.
- Domingo Guerra: Perdemos poboación.
- Marzo 17: A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos.
- Febreiro 2017: A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos.
- O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil