Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica celebra este sábado a Cea das Letras 2022

Malpica Cea das Letras 2022
Malpica celebra este sábado a Cea das Letras 2022

Este sábado 5 de novembro terá lugar na Casa do Pescador, en Malpica, a Cea das Letras 2022. O evento comezará ás 21:00h e nel darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Ademais, tamén se vai presentar o libro "Persistencia da música en novembro" da Editorial Xanela. O prólogo da obra está escrito por Juan Durán, compositor e Premio Reina Sofia de Composición 2018 e membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

Para poder asistir é necesario inscribirse chamando ao 649 507 285 ou ao 981 707 104.

Comentarios