Malpica comeza a prospección xeofísica da Croa do Castro de Cerqueda

Día importante para a arqueoloxía costeira. Hoxe, a partir das 9:00h, o Concello de Malpica dá outro paso arredor do proxecto da Croa do Castro, co inicio da prospección xeofísica da contorna. A intervención estará dirixida por Carlos otero, coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC).
Hoxe será o día para preparar as cuadrículas, e mañá venres comezará a pasarse o gradiómetro, o aparello do que se obterán as medicións para observar o que hai baixo a terra.
Pasarase tamén durante as xornadas do martes, 10 de novembro, e o mércores, 11 de novembro, sempre a partir das 9:00 horas. Agárdase, con esta serie de intervencións, “dar luz a novos achádegos, que axudarán a poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico”, aportan desde o goberno local.
Historia do proxecto da Croa do Castro
- Xullo 2020: A Croa do Castro volve abrirse á arqueoloxía social
- Xullo 20: Xosé Manuel Varela describe a Croa do Castro para Senda Nova.
- Xullo 2020: A Croa do Castro prepárase para a escavación.
- Xullo 2019: Malpica tala a contorna a Croa do Castro para poder escavar o xacemento.
- 2018: A Croa do Castro, unha visita monumental para a Semana Santa.
- Abril 2015: Os voluntarios descobren a porta orixinal da Croa do Castro de Cerqueda.
- Febreiro 2015: Os veciños de Cerqueda presumen da súa Croa do Castro.
- 2013: Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.