A mocidade de Bergantiños conta as horas para a Mikaela

A gran festa de Entroido da mocidade de Bergantiños e de toda a Costa da Morte está a piques de chegar. Este sábado 17 de febreiro terá lugar en Buño o mítico Enterro da Mikaela, un festón monumental que serve para pechar o Entroido.
A xornada arrincará cunha sesión vermú xa a partir das 13:00h, e o Vía Crucis de Bares destrás do gran meco da Mikaela partirá ás 16:00h. Ás 17:00h, longa parada no cruce de Xornes; ás 20:00h, Lito da Panorama volverá exercer co Padre Roy.
A gran novidade dase pola noite, pois o concerto sera nun lugar cercado, para mellorar as medidas de seguridade e así evitar os destrozos e actos vandálicos, que tiveron lugar en anos anteriores. Para iso xa podes facerte coas túas entradas que te dan acceso a unha pulseira para recargar.
Dspositivo especial de limpeza
O Concello de Malpica, a través da Concellería de Medioambiente, está a preparar un dispositivo especial de limpeza con motivo da celebración da festa da Mikaela, que terá lugar o vindeiro sábado 17, en Buño. Distribuiranse 30 bidóns aportados pola asociación Amigos da Mikaela e o concello poñerá máis contedores. Así mesmo, o domingo 18 ás 7.30 horas da mañá comezará o Servizo Municipal de limpeza reforzado para que a zona quede completamente limpa.
CRÓNICAS DA MIKAELA
- 2023: A macrofesta da Mikaela puxo o broche ao Entroido
- 2022: Unha abarrotada Mikaela devolveunos aos tempos prepandemia.
- 2020: A Mikaela, a alma do entroido para a mocidade da comarca.
- 2019: A Mikaela, a gran festa da mocidade de Bergantiños.
- 2018: Malpica, núcleo singular dos Enterros do Entroido.
- 2017: Da Mikaela ao Caietano pasando polo Farruco e Faustino para despedir o Entroido.
- 2016: A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
- 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.