O Pequeoleiros chega á súa fin
08:07 26/04/16
José Antonio Corral encargouse de impartir este obradoiro de olería dirixido aos escolares de Buño
O Pequeoleiros chega mañá á súa fin. Este programa -deseñado polo concello de Malpica, a través do ecomuseo do Forno do Forte, e a ANPA Xaviña do colexio Joaquín Rodríguez Otero - ten como principal obxectivo difundir a olería entre os escolares de Buño e conseguir que os nenos e nenas manteñan o contacto cunha tradición centenaria que é, ademais, un dos sinais de identidade e un importante recurso económico e turístico de Buño e de todo o concello.
Ao acto de clausura, programado para as 17 horas, está prevista a asistencia do alcalde de Malpica, Eduardo Parga.
Pequeoleiros desenvolveuse durante máis de tres meses nas instalacións da Casa do Oleiro, todos os mércores e xoves en horario de 16.50 a 17.50. O oleiro José Antonio Corral foi o encargado de transmitir os segredos da olería aos once nenos e nenas de cinco a doce anos de idade que participaron nesta edición da iniciativa, que rematará cunha exposición das pezas creadas polos escolares.
Novas relacionadas
- Os escolares de Buño toman contacto coa olería
- A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño
- Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño
- Buño recuperará o Forno da Costa.
- Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol.
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Últimas Mostras
- 2013: Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra.
- 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
- Mostra 2010: Unha Mostra de relevo.
- Mostra 2008: Unha semana enteira de barro en Buño.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica