Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os comicios en Malpica: Todos os pactos son posibles

Os comicios en Malpica: Todos os pactos son posibles

Cambio radical no panorama político de Malpica. A tremenda subida do PP, de máis de 861 votos e 4 concelleiros, deixáronno ás portas da maioría absoluta, e corvínteno na primeira forza do Concello. Con todo, a posibilidade de pactos de todas as cores deixan unha situación na que calquera combinación poida acabar en éxito. Haberá que estar atentos.

Os resultados

Ademais da subida do PP, o PSOE de José Ramón Varela Rey perdeu uns 170 votos e 1 concelleiro, que o deixa seguramente fóra do goberno malpicán.

Pola súa banda, o BNG de Roberto García Ferreiro emperou os seus resultados do 2007 en 180 votos pero mantén os 2 concelleiros. Roberto define os resultados cunha frase ben significativa: "Todos estamos ca boca aberta polo que pasou aquí menos o PP que está ca boca aberta de alegría". Así e todo o grupo do BNG está relativamente satisfeito. Se ben baixaron en votos, mantiveron os concelleiros e como apunta Roberto García Ferreiro, "toca aguantar". Non vai dimitir, iso teno claro, e agora estará á espectativa do que pase.

Unhas das chaves a terá AIM. Alfredo Cañizo mantivo o seu posto de concelleiro, que vale o seu peso en ouro sen une as súas forzas con BNG e PSOE para evitar que Parga asuma o sillón de mando. O independiente quedou a tan só 6 votos do segundo concelleiro e define o resultado como "unha pena, pero quedei moi contento. I é que eu fago campañas caseiras e moito máis humildes que o resto, e manterse aí como independiente é moi difícil".

A chegada de Eduardo Parga e a posible marcha de Varela Rey

Tremenda esta irrupción de Eduardo Parga como candidato á alcaldía polo PP. Parga chegou a tan só escasos 3 meses das eleccións tralo inesperado falecemento do anterior candidato José Manuel Vila. E o seu traballo nestes meses, sobre todo a pé de rúa, permitiu estes grandes resultados.

O batacazo tocou nas filas do PSOE, onde salientan que a voráxine do Partido Popular en todo o país chegou ata o Concello. O que si poderá deixar o seu posto será o ata o de agora alcalde José Ramón Varela Rey. Se ben onte a executiva reuniuse e negou a dimisión inicial de Varela, boa parte da asemblea local do PSOE malpicán vai pedir a súa dimisión tralo serio desgaste destes últimos anos de goberno. A súa saída facilitaría a creación dalgún pacto pois nin BNG, nin AIM estarían dispostos a pactar con el.

Quen o podería asumir o seu posto? Pois o máis probable é que en caso de dimitir Varela Rey, sexa o número 2 o que tome o relevo. Antonio Manuel Pereira Rodríguez, máis coñecido como O Rulo, é unha persoa de consenso con moito respeto en todos os grupos políticos. Ademais de levar a Mostra de Olería ao seu estatus de referencia artesá en toda Galicia, a súa experiencia como teniente alcalde o avala como serio candidato.

De pactos

Polo de pronto non se moveu ficha, pero aínda quedan longos días ata o Pleno Constitucional do 11 de xuño. Ningún dos partidos trataron directamente pero o ruxeruxe na vila xa indica varias cousas. Por conversas indirectas, parece que BNG e AIM están dipostos a pactar co PSOE, pero con unha condición: que José Ramón Varela Rey deixe o seu cargo. O tripartito podería coller o goberno.
Nesa liña o voceiro do BNG explica que "malia que as relacións persoais seguen a ser boas, Varela axfisiou a oposición e levounos a manifestar a Cañizo e a nós que con Varela non se pactaba". Iso si, "se dimite ábrense máis posibilidades".

Non é a única posibilidade. García Ferreiro apunta que "agora a quen lle corresponde mover ficha é o PP, que terá que buscar o seu goberno". Nese sentido deixa as portas abertas a todo. "Eu lévome ben con todos e estou aberto a falar con que queira sentarse. Non vou poñer barreiras a ninguén, e todo é posible". De feito valora que poden ser varios os pactos entre PP e BNG: "haberá que superar os prexuizos filosóficos entre PP e BNG, pero unha cousa é falar e outra chegar acordos, que eso implica a moita xente", apunta.

Por se fóra poucas as posibilidades, tamén queda espacio para que AIM pacte con PP, e ata cabe a posibilidade dun pacto PSOE - PP. Sobre a chave que ten na man, Alfredo Cañizo teno claro: "Teño as portas abertas a todos. Bueno, non pecho as portas ao BNG, PSOE, a PP pero a Moncho Varela. Se el non está, primeiro quero dialogar con todas as forzas, e logo xa veremos". Nese sentido Cañizo xa perdeu aquel rencor co PP de cando aló polo 95, e cando estaba a piques de ser alcalde, uns movementos pola sombra o deixaron fóra do goberno.

Novas relacionadas

Repaso Concello a Concello

Máis información sobre os Resultados

Fonte

Comentarios