Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rutas, billarda e cocedura castrexa para a Croa do Castro

Rutas, billarda e cocedura castrexa para a Croa do Castro
Descubrindo as portas da Croa do Castro Descubrindo as portas da Croa do Castro

Os veciños de Cerqueda celebraron esta pasada fin de semana unha reunión da Asociación Monte d’Arxa. Eran varios puntos os da orde do día, pero o que máis nos presta sempre, é o da Croa do Castro, ese proxecto de arqueoloxía social, que se convirte en exemplo para toda Galicia e que segue dando pasos cara adiante. Esta primavera son varias as citas para dinamizar o xacemento.

Croa do Castro

A asociación cerquedá repasou que nestes meses se desenvolverán distintas actividades de dinamización da mesma.
A primeira será o 17 de abril, dentro do programa Primavera en Ruta do colectivo Senda Nova polas costas de Cambre e Cerqueda. Realizarán nela unha parada con visita guiada.
En maio, a Liga Nacional de Billarda realizará unha xornada no xacemento.
En xullo, prevese realizar unha cocedura castrexa e en agosto visitas guiadas.

Fest’Arxa 2016

A Fest’Arxa, coma sempre, celebrarase no último sábado de xuño, día 25. Valorouse se facela de mediodía ou de noite. Haberá degustación de peixe, carnes, sesións lúdicas de música e outras actividades.

O Curso de fitosanitarios o próximo 25 de abril

Asistentes curso fitosanitarios Monte d'Arxa Asistentes ao curso fitosanitarios Monte d'Arxa

O curso de manipulación de fitosanitarios que organiza a Asociación de Veciños Monte d’Arxa contará cunha matrícula definitiva de 32 persoas. Houbo persoas que por incompatibilidade horaria van acudir a outros lugares nos que se celebra o curso en sábado. Os 32 presentaron a documentación en regra e realizaron o pagamento dos gastos de curso (matrícula, docencia e taxas de exame). Desenvolverase durante os días 25 a 29 de abril, na biblioteca do local sociocultural das Pozacas, de 16.00 a 21.00 h. As sesións serán impartidas por enxeñeiros agrónomos e a homologación corre a cargo de Xóvenes Agricultores. Os catro primeiros días serán de explicacións, tarefas e prácticas; mentres que o venres será o exame. Aquel alumnado que non supere a proba terá opción a unha recuperación.

Novas relacionadas

Novas sobre a Croa do Castro Fonte

Comentarios