xoves. 01.05.2025
El tiempo

Santi Romay: “O Nordestazo Rock trae a moita xente a descubrir Malpica”

Santi Romay: “O Nordestazo Rock trae a moita xente a descubrir Malpica”
Santi Romay co seu irman Fran companeiro de singradura no Nordestazo Rock

Xa nada falta para o Nordestazo Rock. Xa van 7 anos desta cita festivaleira “impepinable” para os rockeiros da Costa da Morte. E este ano vén con moita forza. Falamos con Santi Romay, responsable da Tralla, que nos conta como se presenta este ano a cita do 25 de xullo en Malpica.


  • QPC: Que, como ides de lío?

Pois estamos bastante liados. O ano pasado non alcanzamos as expectativas que tiñamos, a pesar de andar case polas 2.000 persoas. Estivemos dándolle moitas voltas sobre como dar os novos pasos. Pero este ano, coa entrada da nova produtora “15004 Producións Audiovisuales”, que é coorganizadora coa AC. A Tralla, puidemos facer un cartel bastante potente, e esperamos superar as cifras do ano pasado, e de feito, a cousa xa vai moito mellor en ventas, así que temos boas sensacións.

Cartel do Festival Nordestazo de Malpica 2015
  • QPC: Dende 2009 en marcha, e xa convertidos nunha referencia no panorama festivaleiro de Galicia. Xa teñen pasado por aquí a Herdeiros, Enemigos, Loquillo, El Drogas, Barón Rojo… Faltaban Los Suaves, será este o de verdade, o auténtico último concerto en Galicia??

Fáltannos Rosendo, quen sabe se nunha próxima edición… Pero Los Suáves, sen dúbida, nos faltaban. Xa os tanteáramos outros anos, e este como anunciaran a xira de despedida, non quixemos arriscar e dixemos imos a por eles, e iso que en Galicia tiñan pensado facer as citas do Derrame, que estiveron espectaculares hai un par de semanas, e o Cultura Quente.
Eu creo que Los Suaves van ser ter un gran reclamo. A xente élles moi fiel.
En teoría debería ser o último concerto en Galicia, pois a xira aínda durará ata a primavera do ano que vén pero por agora non teñen máis citas programadas. O que será seguro é que será o último concerto deste verán en Galicia.


  • QPC: Que me dis do cartel galaico?

A verdade é que como coincide o día do Apóstolo, pensamos en facer un cartel 100% galego. Veremos como sae para vindeiras edicións. Temos o prato forte dos Suares, pero tamén outros con moito tirón como Siniestro e agora Sés, e dándolle alternativa a novas bandas e para iso integramos a Bala e Los Chavales, que seguro nos farán bailar.
Como fin de festa estará Silvia Superstar na súa faceta de Dj, non como vocalista.


  • QPC: E facedes unha aposta por Ses, unha artista medio bergantiñá que está a arrasando a todos os niveis. Como a defines para os que non a coñezan?

Estivera en Malpica fai dous anos na Festa Galega, é unha artistaza, ten algo que transmite no escenario, e como é de Bergantiños pensamos nela. Ela está encantada de estar aquí, xa na rolda de prensa, ela o recoñece como referente na Costa da Morte e consagrándose en Galicia, e sabemos que vai gustar. Hai moita expectativa sobre o que vai facer no escenario, porque ademais vai facer algo diferente cunha banda máis grande, facendo un show inédito. Algo diferente para o Nordestazo.


  • QPC: Haberá actividades paralelas?

Si. Pola mañá, dúas cousas novas: cunha masterclass de Dj para a rapazada, e un par de concursos de AirGuitar, cun xurado. Seguro que triunfa esta iniciativa. Ademais, pola tarde imos ter cursos de surf durante, gracias aos colaboradores de Silfo SurfCamp.

A que non pode faltar é a Sesión vermú, con concerto dunha banda da zona, aínda por determinar.


Imaxe aerea do Nordestazo no Porto de Malpica
  • QPC: A nivel organizativo, seguirá sendo no porto. Hai algún cambio?

Seguirá na explanada do porto, no mesmo lugar. Segue habendo dúas zonas de acampada, a cuberta no pavillón con duchas, e outra exterior xusto ao carón do campo de fútbol.

E para facervos coas entradas, a través de ataquilla.com ou ticketea, por 18€.
Hai tamén puntos fisicos:
-Malpica: Tienda Elemoba - Pub Brebaxe - Restaurante San Francisco;
- A Coruña: Discos Portobello - BRISTOL BAR;
- Santiago: A Reixa Tenda;
- Ferrol: Manchita Cosa;
- Carballo: Cervecería Belle Epoque.


  • QPC: Para que a xente se decate da importancia dos festivais nunha zona como a Costa da Morte: Que supón esta cita para a hostalería malpicá?

Pois vouche contar unha anécdota que creo que define moi ben esa pregunta. Estaba nun concerto de Herdeiros en Riós, en Ourense, e un tío víu e achegouse a min, pois sabía que estaba na organización do Nordestazo, e me dixo: “Que guai o Nordestazo Rock, e que guai Malpica”. Nunca fora a Malpica e tivo que ser o Nordestazo Rock o que o trouxese ata aquí. Penso que é un beneficio para toda a vila, e esta cita significa que xente que nunca pasou por Malpica teñan un reclamo para ir e poder voltar.

Por exemplo, pensando na hostalería, temos un acordo cos locais, que ademais nos apoian economicamente e respectamos un horario de peche do recinto sobre as 4:00h-4:30h para que a xente vaia rematar a festa á zona dos locais, que están a apenas 200 metros e moita xente remata a troula nos locais. Gañamos todos.

Malpica enchese polo Nordestazo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios