Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Lonxanet leva o exemplo da pesca artesanal costeira á ONU

Lonxanet leva o exemplo da pesca artesanal costeira á ONU
Antonio Garcia Allut da Fundacion Lonxanet no Debate pesqueiro na ONU polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible

A Fundación Lonxanet foi invitada a participar no debate sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible que está tendo lugar nas Nacións Unidas entre o 23 e 27 de marzo. Aí é nada.

A entidade herculina, con gran vinculación na Costa da Morte pola súa pelexa pola pesca artesanal, e pola súa experiencia espallando por todo o mundo a Reserva Mariña dos Miñarzos, estará presente no deseño dos mundiais Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS), que están sendo deseñados para marcar a axenda mundial de desenvolvemento entre 2015 e 2030 e para suceder aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, activos desde o ano 2000. Uns Obxectivos do Milenio que pasaron, ben é certo, sen pena nin gloria polos gobernos de todo o mundo, pero que seguen a ser un escaparate de cara onde debe ir o mundo.

Hai un ODS específico para o océano está sobre a mesa, o ODS número 14, aí é onde Antonio García-Allut, como responsable da entidade, poida aportar a súa experiencia para dar forma aos indicadores do mesmo.

Antonio Garcia Allut en Naciones Unidas

Segundo Emilio Louro, Milucho, ex Secretario da Confraría de Lira e moi vencellado á Lonxanet dende os seus inicios, “un dos motivos polos que o elexiron foi polo seu papel protagonista na defensa da pesca artesanal, considerando que o pescador artesanal ten que xogar un papel importante na xestión das pesquerías e unhas ferramentas para mellorar esa xestión son as reservas mariñas coxestionadas”.
”A experiencia no proceso de elaboración de propostas de Reserva Mariña así como do acompañamento na súa xestión foi determinante para que acudisen a Antonio García-Allut para o debate e elaboración dos Obxetivos de desenvolvemento sostible, onde se ten incluído os Oceános, grazas en boa medida ao traballo desenvolto xa no seu día no Cumio de Rio”.

O propio Milucho dá conta da incidencia da chegada de Lonxanet a esta discusión: “Eu considero que é todo un fito que da experiencia acumulada neste recuncho da Costa da Morte se teña en conta ata nas Nacións Unidas”.

Aquí podedes botar un ollo á súa proposta de indicadores mariños.

Mágoa que a miopía local e da administración galega provoque minusvalorar un proxecto que sirve de exemplo por todo o mundo.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis novas sobre Lira

Fonte

Comentarios