Os entroideiros de Arcos toman Mazaricos

07:05 16/02/12

O Festival de Entroido de Mazaricos celebrarase o domingo 19 de, ás 16:00h da tarde na Casa da Cultura da Picota. Aló será o Gran Festival de Disfraces, con premios e un fantástco programa de animación para tódolos públicos, con circo, múisca, e regalos para todos os disfrazados.
O festival ontará coa visita dos entroideiros de Arcos. que, ademais percorrerán algúns lugares do Concello este ano. Ademais, para rematar celebrarán o Baile dos Maiores.
Na organización do Entroido colaboran as Asociacións de Veciños "O Souto" de Arcos e "Monte PIcoto" da Picota.
Outros entroidos da Costa
- Cabana: Cabana artella un Entroido de fábula.
- Camariñas: 3 días de cor no Entroido de Camariñas.
- Laxe: Caietano será de novo o efímero protagonista do entroido social de Laxe.
- Corcubión: Corcubión non quere perder o seu ácedo entroido.
- Malpica: A Mikaela e o Farruco serán protagonistas do Antroido de Malpica.
- Ponteceso: Ponteceso celebrará un Entroido de Disfraces.
- Muxía: Os pinchos serán, unha vez máis, os protagonistas do entroido muxián.
- Zas: Pequenos e maiores protagonizan o entroido de Zas.
- Carnota: Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota.
- O Pindo: O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido.
- Cee: Cee presenta o seu Entroido.
- Dumbría: Dumbría presenta o entroido máis desexado.
- Fisterra: Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Vimianzo: Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).