Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo

A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo

Segue sendo Muros un auténtico viveiro de arte. Nótase a canteira que crea Sala Nasmo, que leva sementando talento durante anos, e que pouco a pouco vai recollendo froitos. Froitos como os xa mundiais Terbutalina, e outros aínda máis locals como os Archivo adxunto, Maestro Romero, ou os os djs Borjita Fernández & Manuel Martínez.

Desta volta, vimos de descubrir outro par de muradáns singulares, que van do hiphop, ao hard-rok, á canción popeira cunha facilidade pasmosa, e cunhas letras tan temidas como simpáticas.

Falamos do Mc Fran Trillo e de Xaquín Martínez, “Arguzu Vevo”, que estes días están petando coa “Bisicleta”, un temazo en clave de humor.

Cóntanos Xaquín que “a historia do nombre é un pouco friki pois viña dun apodo que se autopuxo Fran de pequeno como narrador de gameplays, e hoxe, xa con bastantes anos máis encima, causounos gracia”.

Afeccionados á música rock, e moi seguidores do rock feito en galego e bandas de rock galegas como Heredeiros da crus, Monolius Dop, Poetarras, Nao... Pero tamén miran dentro da casa. “A nivel local a tamen temos grandes influencias pois pola Sala Nasmo (que é donde ensaiamos) pasaron e pasan moitos grupos e queiras ou non pois todos temos algo en común. Hai moi bo rollo entre todas as bandas e os consellos e apoios de uns a outros nunca faltan”.

Xaquín e Fran forman parte dunha banda de punk-rock onde tocan con outros compañeiros chamada Lisdexia. Aínda non debutaron pero seguro que pronto os veremos sobre os escenario. Uns escenarios aos que xa subiu Xaquín con outras agrupacións de jazz e acústicas, e no seu grupo de hard-rock ReAcción.
Polo de pronto, “a nosa principal ilusión é sacar unha maqueta con Lisdexia, e empezar a movernos pola zona. Pero non descartamos a idea dun dueto acústico que é algo que nos veñen propoñendo tras o último vídeo”. Esta xoia:

 

En clave de rap... satiricamente

Antes que a Bisicleta, xa probaran co rap. “O primeiro tema Oui Oui Foi para nos unha maneira de plasmar as nosa idea sobre o Rap que se move ahora moito pola nosa zona. Un rap de malotes e pistoleros. Como dixen somos afeccionados ao rock e é a musica que nos une os dous, así que a razón pola que fixemos o rap so foi por facer a "coña" de algo que está tanto de moda. E que mellor maneira de facelo que dun xeito satírico e con un videoclip. En vista a toda a crítica, a fama de "traperos", o éxito que supuxo para nós que se viralizara tanto e o apoio dos coñecidos, decidimos sacar algo menos polémico que nos quitara esa fama que non queriamos ter. Eso si, aproveitando para facer unha parodia de algo que está de moda.

 

Novas musiqueiras

Máis novas

Fonte

Comentarios