A Caverna de Muros dá a alternativa ás novas bandas da zona


Xa temos datas para o Concurso Cavernícola de Bandas costeiras. O Pub muradán A Caverna artella esta aposta pola música da zona, facendo unha serie de concertos que serán valorados polo público asistente. O grupo que máis puntuación acade será premiado con 300€.
Fantástica nos parece a iniciativa pois ademais de varios grupos xa míticos da zona, o concurso dá a alternativa a moitos grupos noveis. A canteira do IES Fontexería ou da Escola de Música de Carnota teñen posibilidade de tocar en directo.
O próximo 21 de febreiro arrancan os 9 concertos. Os primeiros artistas que participarán serán os ZEROS, e o concurso rematará co concerto de SOZIOS A LA FUERZA o vindeiro 25 de abril.
Entre medias, e salvando ó sábado de Semana Santa, actuarán as outras sete bandas inscritas neste concurso:
- RE-ACCIÓN, o 28 de febreiro.
- JOHN HAPPY DRIVER, o 7 de marzo.
- FISIÓN BOYS, o 14 de marzo.
- ARCHIVO ADXUNTO, o 21 de marzo.
- METALCRÚ, o 28 de marzo.
- TAN TOTEM, o 11 de abril.
- OS DESTERRADOS, o 18 de abril.
Como entrada ao concerto entregarase unha tarxeta de votación ca que cada asistente poderá votar do 1 ao 10 á banda participante, polo que a elección do grupo gañador dependerá exclusivamente da opinión do público.
Cada tarxeta de votación custará 1€ e a recadación destas tarxetas será destinada á doazón de material para a Sala Nasmo, local de ensaio onde a maioría das bandas participantes acostuman reunirse para preparar os temas dos seus directos e grabar as súas maquetas.
Xa tendes todas as citas debulladas en www.xendacostadamorte.com. Polo de pronto, deixámosvos con Socios a la Fuerza:
Novas relacionadas
- Un Concurso Cavernícola para dinamizar a vida musiqueira da contorna de Muros.
- Nace o Atallo do Muxo para dinamizar a noite de copas en Muros.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Terbutalina xa están ben peinados.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
Máis novas musiqueiras
- Grand Soul Band, o grupo de Santa Comba que vai camiño do Azkena Rock.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).