Martes. 30.11.2021
El tiempo

A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace

A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace

Xa non queda a nivel local a loita contra as gaiolas de salmón. Este domingo, ao mediodía, a fragata Artic Sunrise achegábase á ría de Muros-Noia, para botar un alento de apoio internacional contra o cultivo experimental de salmón. Un respaldo que vén a animar, e de que xeito, a todos os mariñeiros que levan dende marzo loitando contra a invasión dos salmóns.
A ría estivo tomada polas pequenas embarcacións muradáns que escoltaron ao gran buque verde ata o centro dos problemas.

Dende Greenpeace destacan que "na ría traballan unhas 750 embarcacións artesanais que xunto co marisqueo dan emprego a unhas 500 mariscadoras e a máis de 3.000 mariñeiros de baixura. Fronte a estes datos, as gaiolas de salmón que queren instalar só xerarían uns 200 empregos, o que suporía un paso atrás para a economía da zona".

A clave é que este cultivo pode xerar contaminación no resto de especies, o que afectaría directamente, ademais de á biodiversidade, aos postos de traballo dos mariñeiros. Dende GP aseguran que "estas gaiolas poden producir eutrofización, escapes de peixes, contaminación xenética, entrada de antibióticos na rede alimentaria, efectos sobre predadores mariños e contaxio de enfermidades a poboacións salvaxes. En lugares como Canadá e Chile, a biodiversidade das zonas onde hai granxas de salmón reduciuse un 50%".

Esta afrenta de GP é unha demostración de apoio á Pesca Artesanal, como traballo que está a facer a ASOAR-ARMEGA no Parlamento Europeo, a onde chegou, por certo, gracias á colaboración con esta entidade ecoloxista.

Quédanos así, un espacio para a esperanza, como podemos ver nesta fermosa metáfora feita foto da man de Totolestón Romaní.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

comentarios