Luns. 29.04.2024
El tiempo

A arte da mocidade muradá ponlle cor ao venres negro

Tape Art en Muros Consumo Consciente Ximiela
Ximiela facendo Tape Art
A arte da mocidade muradá ponlle cor ao venres negro

Xa está en marcha, xa está na rúa, a A campaña Muros Consumo Consciente. Ao longo da semana, o concellu vestiu de negro os negocios desocupados (con vinilos negros) convertíndoos en lenzos para que a mocidade desenvolva as súas creacións con Tape Art.

”Os escaparates negros falan da escuridade dos comercios pechados, como mostra dun declive comercial e de servicios, froito dos novos hábitos de consumo e da tirania das multinacionais”, explica Monste París, membro de Auga e Sal, unha das incitadoras do proxecto municipal xunto co Espazo A Maceta, Galuriña e Freco y del Mar.

Tape Art en Muros Consumo Consciente 3

Así, con cintas adhesivas de cores, a mocidade dos centros de ensino e das asociacións da vila realizou as súas obras de arte, “poñéndolle cor ao venres negro”, como reza o lema de campaña que nace para ofrecer unha alternativa local ao Black Friday. Pois esta data consumista, publicitada en todos (case, QPC non inclúe publicidade para as rebaixas) os medios, só serve para afogar un pouco máis o comercio local.

Tape Art do IES Ramón de Artaz
Saída polos comercios do alumnado do IES Ramón de Artaz

Programa

23_08_muros_consumo_consciente_programa_rgb copia

Durante toda a semana hai actividade nos centros educativos e ademais xa empezaron os roteiros guiados. Pero a gran cita será este venres 24, e o sábado 25, no Cine París, cunha marea de actividades. A partura de portas será ás 10:30h e haberá unha mesa sbre o emprendemento sostible con varias experiencias profesionais das que tomarán boa nota o alumnado de bacharelato do IES Fontexería. Os propios alumnos presentarán varios proxectos vinculados coa camoaña, relacionados co consumo responsable.
Na tarde do venres descubriranse as crracións artísticas, e xa ás 21:00h haberá unha nova mesa sobre comercio local coa técnica municipal do Concello de Santiago, Lucía Castro.

Para o sábado, estará aberta a exposición pola mañá e pola tarde, e Monste París realizará un dos seus roteiros pola vila de Auga e Sal ás 11:00h e ás 17:00h.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios