Mércores. 11.09.2024
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro acenden os motores

As Carrilanas de Esteiro acenden os motores
XXVII Carrilanas Esteiro 2014

Xa temos data para unha das 9 Festas Turísticas da Costa da Morte. A festa máis motorizada, a Baixada de Carrilanas de Esteiro, afronta a súa XXVII edición, de novo co nome de Gran Premio Marqués de Vizhoja, o patrocinador, coma se fose o novo circuito de RedBull da F1…

Conseguiron superar as fraquezas económicas e os vindeiros 19 e 20 de xullo as Carrilanas volverán a baixar para deleite dos milleiros de siareiros que se achegan á vila muradá. E ademais da previa coa loita pola pole, haberá verbeneo e moita troula.

Unha lembranza

A organización quere lembrar este ano a un gran amigo e carrilaneiro que falecía este ano, Roberto Lago Sendón. Esta 27ª edición vai por el e por toda a súa familia.

Programa

Venres 19 de xullo

  • Ás 19:00h Entrenamentos Libres de Carrilanas.

Sábado 20 de xullo

  • De 12:00h a 15:00h exposición e inscripción de carrilanas obrigatorio para todos os participantes na alameda de Esteiro.
  • Ás 16:00h Peche ao tráfico do circuito.
  • Ás 18:30h Exhibición de Porche polo circuito (Expostos durante todo o dia na explanada do Artón).
  • Ás 19:00h Pole Position de carrilanas.
  • Pola noite gran verbena coa orquestra IRIS e a discoteca móvil EBABYLON ata altas horas.

Domingo 21 de xullo

  • Actuación da Charanga O Santiaguiño e Charanga NBA durante todo o día..
  • Ás 16:00h Peche ao tráfico do circuito.
  • Ás 18:30h Exhibición de Porches polo circuito.
  • Ás 19:00h XXVI GRAN PREMIO DE CARRILANAS ESTEIRO 2011.
  • Ás 19:00h Saida das Carrilanas dos Rapaces.
  • Ás 19:30h Saida das Carrilanas Lentas.
  • Ás 20:00h Saidas das Carrilanas Rápidas.
  • Ao remate entrega de premios e degustación de productos típicos da terra na alameda de Esteiro.
  • Pola noite actuación do grupo PINTURA PLÁSTICA.

Haberá durmida no pavillón de balde.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios