Deleiba posiciónase "Ao Revés Do Mundo" co seu novo álbum

O disco, cheo de punk rock melódico fresco e elaborado, nace da man do produtor Iago Pico, artífice de Tanxugueiras “Queriamos un álbum variado que mostrara as nosas facetas, mais que non deixase de ser un conxunto cohesionado de cancións. Así, tomamos os nosos cimentos e liberámonos de todo tipo de complexos para compoñer cancións críticas, cancións íntimas e cancións de amor.”
O título do álbum xorde de xeito premonitorio ante os inminentes cambios na industria musical e na sociedade: “En nós xorde continuamente o sentir que non pertencemos a este mundo. Por iso sentimos o deber de marcar a diferencia nunha sociedade individualista na que a libre elección é un espellismo sobre os cimentos do consumismo. A música está pasando a ser un produto prefabricado e desalmado, un simple algoritmo. Queremos facer algo xenuíno e tecer redes ao noso redor.”
A temática das distintas cancións fai un percorrido polos conflitos bélicos (Convidados A Morrer), a crítica político-social (Caerán, Sere-Bros Destruídos) ou a responsabilidade afectiva (O Mundo Ao Revés), mais tamén hai momentos para o amor pola terra e a xente en Da Mesma Suor e A Coruña.
Un novo álbum pensado por e para a súa presentación en directo
Deleiba presentará o novo álbum en Compostela o 7 de marzo e na Coruña o 14 de marzo, cun directo renovado e profesionalizado para asaltar as citas estivais da man da axencia Toxo Verde.
Máis novas de Deleiba
- Decemnro 2024: A banda Deleiba expón ao pobo muradán no seu novo vídeo
- Outubro 2024: Deleiba cántalle ao "Mundo Ao Revés" no seu novo videoclip.
- 2023: Deleiba saca novo sinxelo mariñeiro preparándose para o Resurrection.
- 2022: “Alegre Falsedad”. Como Deleiba combate o postureo das redes sociais.
- 2021: Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego.
- 2020: A banda muradá Deleiba presenta o seu novo vídeoclip
- 2020: Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”.
- 2019: ”A Sala Nasmo é un servizo crucial para o nacemento de bandas como Deleiba.