O Castelo Rock, outro festival adiado para 2021

10:08 21/05/20
Apenas unhas horas despois de coñecer a suspensión das Carrinalas de Esteiro, a organización do Festival Castelo Rock tamén anunciaba a triste nova de a cita muradá se pospón a 2021. “A 20 de maio non sabemos cal será o procedemento a seguir á hora da realización do noso ben querido evento, e o tempo para a programación do mesmo fanos imposible a súa realización”.
Cómpre lembrar que doutro festival artellado por unha entidade sen ánimo de lucro como é a ACRD Praia do Castelo, e que son voluntarios os que traballan para que o mesmo saia adiante cada verán.
A asociación aclara para todos os que xa tiñan mercado a entrada (o festival, previsto para o 24-25 de xullo era un dos máis avanzados en canto á presentación dun completo cartel) que serán válidas para 2021, e no caso de non poder asistir e querer solicitar o reembolso das mesmas podedes enviar un email a entradas@wegoves.es.
”Este será un verán atípico pero faremos que na medida do posible a música e a cultura sigan presentes”, explican.
Novas relacionadas
- Castelo 2019: Galería do Castelo Rock 2019..
Máis novas festivaleiras
- 20-05-2020: As Carrilanas quedan en boxes este verán.
- 15-05-2020: Este verán tampouco haberá Festa da Carballeira de Zas.
- 08-05- 2020: Que pensan facer, a día de hoxe, os festivais da Costa da Morte?.
- 01-05-2020: A 25 edición do Asalto ao Castelo posponse ao 2021.
- 30-04-2020: O San Xoán de Carballo non se poderá celebrar.
- 17-04-2020: O Percebe, a primeira gran festa cancelada para este verán