Denunciado un veciño de Noia por ir mercar o pan a Mazaricos e dous veciños de Muros por ir facer deporte á praia

16:44 20/03/20
Continúa a Garda Civil e as forzas de seguridade facendo controis para manter o confinamento. Por exemplo, a Policía Local de Cee patrullar ás rúas cun megáfono, instando ás persoas que non estean na rúa por motivos de extrema necesidade a voltar ás súas casas.
Pero sempre hai xente que non respecta as normas, como estes tres veciños denunciados durante esta mañá. Un veciño de Noia foi multado pola Benemérita por circular cunha cunha moto coa excusa de ir comprar o pan a unha cidade distante. Foi ata Mazaricos, a 20 km do seu domilicio, para facerse cun molete.
Ademais, a Garda Civil denunciou dous veciños de Muros por saír a facer deporte. Un estaba facendo surf na praia Area Maior de Louro, e outro estaba correndo na Mariña de Esteiro.
Novas novas do Coronavirus
- Solicitan material de limpeza do Prestige para o Hospital de Cee.
- Boas e malas prácticas no seguemento da corentena.
- O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio.
- “A Costa da Morte xa case estaba pechada a nivel turístico”.
- Luís Díaz, da panadería Os Ancares: "Na panadería a xente ten que ir entrando de un en un”.