Venres. 19.04.2024
El tiempo

Distintos axentes sociais participan nunha mesa redonda sobre a contaminación na ría de Muros

Distintos axentes sociais participan nunha mesa redonda sobre a contaminación na ría de Muros
XII xornadas de cultura mariñeira Muros mira ao mar Unha mesa redonda sobre a contaminación da ría de Muros será unha das principais actividades que se inclúen dentro das XII xornadas de cultura mariñeira "Muros mira ao mar" que se desenvolverán os vindeiros 8,9 e 10 de xullo. Representantes da asociación animalista Anajata, Adega, Contraminacción, Plademar, e membros do BNG participarán nesta mesa redonda que terá lugar o venres, día 8, ás 12:30 horas na Fábrica de Sel. Un dos seus principais obxectivos é valorar a situación actual da ría de Muros, o impacto do ser humano sobre a súa conservación e as políticas máis apropiadas para garantir un futuro sostible.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios