Mércores. 24.04.2024
El tiempo

AGE tamén esixe o peche definitivo das gaiolas de salmón na ría de Muros

AGE tamén esixe o peche definitivo das gaiolas de salmón na ría de Muros
As gaiolas de salmón precisaron de novo de auga doce

Alertaban a semana pasada varios colectivos a reanudación da posta en marcha das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia. Hoxe, é o grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda o que “esixe a paralización da reapertura de granxas de salmón nas rías de Muros e Noia”. Entenden que a súa reapertura “suporía a destrución da biodiversidade na zona e a condena do sector da pesca tradicional e o marisqueo”.

O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, alerta do “perigo destas macrofactorias que suporía a destrución da biodiversidade nas rías e acabaría con milleiros de postos de traballo no sector da pesca tradicional e marisqueo”. E critica que “unha vez máis estes feitos fanse de costas ao sector, sen informar nin consultar aos sectores que se verán afectados por esta actividade” .

Denuncua así “a actitude escurantista da Xunta de Galicia que se negou a dar información sobre a última visita da consellería de Pesca a Chile sobre a que o grupo parlamentar de AGE preguntou no Parlamento e que agora se confirma que o obxectivo non era outro que visitar plantas similares ás que se pretenden implantar en Galicia”.

E informan de que “o Plan de explotación que quere instalar a Xunta, xunto co plan galego de acuicultura ,suporía que as rías galegas implanten grandes instalacións acuícolas intensivas que utilizarían o mexilón galego como comida, e non para consumo humano, o condenará a miseria a millerios de galegos e galegas, que viven da acuicultura e da pesca tradicional, seriamente ameazada de confirmarse estas prácticas.”

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

  • AGE.

Comentarios