Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Alertan da reanudación e ampliación da actividade nas Gaiolas de Salmón na Ría Muros

Alertan da reanudación e ampliación da actividade nas Gaiolas de Salmón na Ría Muros

Hai máis dun ano que parecen abandonadas. Pero segundo denuncian hoxe as entidades Verdegaia, Salva, Fins Eirexas e Asoar-Armega, nada máis lonxe da realidade. Estes colectivos aseguran ter “constatado a reanudación de colocación de peixes de cultivo, de colocación dunha nova gaiola e ampliación do perímetro das instalacións de cultivo de salmón atlántico na ría de Muros-Noia”.
Aseguran ademais que se fai “sen que por parte da Consellería do Medio Rural e Mar se teña informado ao sector pesqueiro-marisqueiro e organizacións ambientais e cidadás do porque de esta nova situación, e teña mantido un absoluto mutismo ao respecto dende o final da prórroga extraordinaria concedida”.

Salmons mortos na ria de Muros

Consideran que “esta situación aínda é máis incompresible se temos en conta os desastrosos resultados obtidos no ano 2012 (xa temos demostrado en base a experiencias de cultivo anteriores e abundantes datos científicos que estes malos resultados ían pasar) e a cantidade de situacións irregulares rexistradas no mesmo: salmóns mortos no mar, uso do remolcador público ao servizo da empresa… etc etc”.

Lembran tamén “os graves prexuízos e afectacións que causa un proxecto acuícola deste tipo e nestas condicións aos sectores produtivos e aos ecosistemas mariños e zonas protexidas, afectacións que temos documentado ampliamente”.

Pedindo información

Os 4 colectivos, manifestan a súa oposición as instalacións, por ser negaitva para os recursos pesqueiros e marisqueiros, así como naturais e turísticos. Por todo isto, as entidades solicitan á Consellería do Medio Rural e do Mar:

  • 1º.- “Información acerca do estado actual deste cultivo e alcance do mesmo: nº de gaiolas a instalar nos próximos días ou meses, nº de peixes a cultivar, produción prevista…”
  • 2º.- “As razóns e documentos xuridico-administrativos que poidan avalar supostamente a súa continuidade legal, unha vez finalizada a prórroga extraordinaria concedida; e que organismos públicos están implicados nesa continuidade”.
  • 3º.- “Unha explicación coherente de por que a Consellería non ten informado con tempo aos sectores produtivos e aos colectivos ambientalistas e cidadás que nos levamos opoñendo desde hai anos a este proxecto desta situación de facto que se esta a orixinar”.

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

Comentarios