Pesar en Esteiro polo pasamento do Gerente
13:33 04/05/22
Esta edición de 2022 será a primeira da historia sen a súa alma. Ramiro García Núñez, coñecido eternamente como “Gerente”, falecía este mércores 4 de maio aos 91 anos en Esteiro.
Un pasamento que estremece a todo o sur da comarca, pois marcha o eterno fundador das Carrilanas, o meirande carpinteiro desta modalidade e todo un exemplo de esforzo, empatía e amor polo territorio.
Quedará para sempre o seu legado, cedido para a creación dun auténtico museo
Esta foi a carta que a A.D.C. Esteirana de Carrilanas lle enviou esta mañá polas redes sociais:
Aquí, o vídeo de homenaxe que as Carrilanas lle fixeron o pasado 2020:
BIOGRAFÍA RAMIRO GARCÍA NÚÑEZ “GERENTE”
- Nace o 10 de Maio de 1930.
- 5 irmáns, 3 homes contando con el e 2 mulleres.
- Aos 11 anos de idade, comeza a traballar en Cabanas (Tal), fabricando caixas de madeira para as fábricas de Salazón co seu pai. O seu primeiro oficio, aínda que recorda percibir soldo algún. Ademáis, traballa co seu pai, reparando os tellados das casas. Deste xeito coñeceu a súa dona cando esta iba ao seu traballo, viuna dende un Tellado no que estaba a traballar.
- Casou no ano 1956 con Maruja e tiveron dous fillos Lito e Pepa e dous netos, Luís e Laura, aos cales adicou cadansúa carrilana.
- No ano 1963 embarca na mariña mercante. Non lle gusta a navegación e desembarca en Holanda. Alí non pode traballar ao carecer de título e emigra aos Estados Unidos aproveitando que alí ten un cuñado. É alí donde prosegue o seu traballo de Ebanista.
- Retorna a Esteiro no ano 1966
- Monta en Esteiro unha moblería no local que hoxe é A Casa das Carrilanas. Ademais traballa no seu taller na casa en Reboredo, Esteiro, donde tiña moitos aprendices.
- Estivo na política como concelleiro en Muros nos últimos anos do franquismo, dende o 1971 ao 1976.
- Foi presidente de Esteirana no ano 1975 e 1976, en sustitución de Pedro de Rosalía. -Xubilouse no 1995.
- A día de hoxe, colabora activamente coa ADC Esteirana de Carrilanas
Novas relacionadas
- O Festival das Carrilanas Esteiro afiánzase este 2022 como o festival gratuíto máis importante de Galicia.
- 2021: As Carrilanas estrean o título de Festa de Interese Turístico Nacional co GP Virtual e moita música.
- Febreiro 21: As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional.
- Febreiro 21: Sentir as Carrilanas: Un proxecto social para convertir en pilotos á rapazada invidente.
- “O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.
- 2016: Trasouteiro homenaxeou o Gerente, o rei esteirán das Carrilanas en Galicia