Venres. 03.05.2024
El tiempo

Muros ponse de San Pedro

Muros ponse de San Pedro

Se na bisbarra hai varias citas co San Pedro, quizais unhas das máis singulares sexan as de Muros. Unhas festas que dan comezo hoxe martes 28 de xuño, e que foron presentadas esta mesma mañá, ao tempo que inauguraban a Bandeira Azul da praia de San Francisco.

Así, para hoxe martes, pola tarde ás 17:00 horas terá lugar unha Festa Infantil na praia do Castelo. Pola noite terá lugar unha gran verbena a cargo das orquestras Olympus e Xerusalén.

Para o mércores 29, pola mañá toca pasarrúas a cargo da Banda de Música de Negreira, ás 11:30 horas terá lugar a procesión e ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne en honra a San Pedro, cantada pola Coral de Muros.
E pola tarde ás 19:30 horas, pasarrúas a cargo do Grupo Longarela e pola noite partir das 22:30 horas dará comezo a verbena a cargo das orquestras Charleston e Costa Oeste. A medianoite terá lugar a tirada de fogos artificiais.

Para o xoves 30, comeza o día cos pasarrúas da ás 11:00h Ximiela e pola noite a partir das 22:00 horas terá lugar o Festival Noite Rock coa Banda do Camión, Miguel Costas e Rif Raf.

Novas relacionadas

Máis festas de San Pedro

Fonte

Comentarios