Luns. 06.05.2024
El tiempo

"O noso mar non celebra o Black Friday"

Nuestro mar non ten prezo Fresco y del Mar anti black Friday
"O noso mar non celebra o Black Friday"

Son uns dos grandes artífices da posta en marcha da campaña Muros Consumo Consciente, grazas, en boa medida, ás accións semellantes que promoveron en 2022 emais en 2021, cando a vila de Muros xa saía nas portadas das cabeceiras estatais por pechar polo Black Friday.

Fresco y del Mar, a empresa muradá que vende, por toda España, peixe e marisco fresco extraído por profesionais da pesca artesanal da Costa da Morte e da ría de Muros e Noia, vai pechar a súa canle online este venres 24, no marco da súa campaña anti-Black Friday.

Este ano reivindican que “Os nosos mares non celebran o Black Friday. Nós tampouco E ti? ÚNETE AO BLUE FRIDAY”, reza o lema.

A campaña vira ao redor dunha frase, “se o mar tivese un prezo…”, sobre a que Fresco e do Mar reflexiona: “Quizais 700 sería o xusto… como o número de especies mariñas ameazadas polo plástico neste preciso instante. Ou poida que axústese a un número máis alto, poñamos 3.900… como as toneladas de plástico vertidas este ano só no noso Océano Atlántico”.
“Pero sexamos atrevidos, ascendamos a cifra e redondeemos a 100.000… como o número de animais mariños que morren por mor do plástico cada ano. Ou, se realmente valoramos os nosos mares, o xusto sería situar o prezo ao redor dos 12.700.000… como as toneladas de lixo que anualmente pasan a formar parte dos océanos”, engade a empresa.

“En realidade, o valor dos nosos mares é incalculable. A destrución dos mesmos si ten cifra e vai en aumento. Non participamos da espoliación consumista dos océanos nin do consecuente proceso de basurización dos mesmos. Os nosos mares non celebran o Black Friday. Nós tampouco. E ti? Por unha compra ética e xusta. Por unha pesca respectuosa e sostible. Únete ao Blue Friday”, conclúe.

“Durante todo o ano somos fieis á nosa filosofía, que defende a pesca galega artesanal, a prezos xustos e sostibles. Non podemos botar pola borda o traballo de todo o ano nunha xornada de consumismo barato”, explica Milucho Louro, portavoz de Fresco e do Mar.

Doazón

Ademais, o 5% das súas vendas desde onte luns e ata o xoves, 23 de novembro, serán destinados a Cáritas Muros, unha iniciativa que xa realizaron en anos anteriores.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios