O PP critica no Parlamento ao sector pesqueiro de non investir nas gaiolas do salmón
Falouse onte no Parlamento Galego sobre a nova autorización para a instalación de 6 gaiolas de salmón na ría de Muros-Noia. Falouse a petición do portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas Chapela, que esixía ao Secretario Xeral de Mar, Juan Maneiro, que explicase as razóns da decisión sen contar co consenso co sector, nin con organizacións medioambientais.
E curiosa foi a visión do Secretario, que no canto de entender que o sector pesqueiro galego non quere salmón (quere baixura, quere pesca artesanal), acabou culpándoo de a Xunta apoie a multinacionais da acuicultura para seguir montando granxas.
A decisión de autorizar de novo a instalación das gaiolas de salmón, segundo o BNG, “volve a reproducir vellos métodos de falta de transparencia, ignorando a opinión do sector e en aras de facilitar a introdución de novos operadores vinculados a grandes capitais noruegueses”.
Maneiro “defendeu un modelo de acuicultura baseado na demanda do mercado, que precisa 40.000 toneladas de salmón e culpou aos sectores produtivos de non querer investir neste tipo de acuicultura”. E sostivo que “o Goberno galego non está por un modelo de moitos postos de traballo com escasos ingresos e abogou por empresas competitivas e altamente rendibles”.
Pola súa parte o O BNG considera “indignante culpar aos sector productivo da súa falta de iniciativa, cando debe ser o Goberno galego o que apoie, reforce e dinamice o actual modelo produtivo e non que se pode permitir que se venda a outros intereses que unicamente buscan nas nosas augas un aproveitamento lucrativo sen importarlle as consecuencias medioambientais e socieconómicas que pode traer ao noso sector marítimo. O PP, unha vez máis, está a traizoar aos productores galegos e entregandolle os nosos recursos a unha multinacional”, denuncia o BNG.
Novas da loita contra o salmón en Muros
- 19-05-14: AGE tamén esixe o peche definitivo das gaiolas de salmón na ría de Muros.
- 14-05-14: Alertan da reanudación e ampliación da actividade nas Gaiolas de Salmón na Ría Muros.
- 20-03-13: Denuncian o abandono das gaiolas de salmón tralo desprendimento dunha gran boia.
- 21-02-13: Denuncian que as gaiolas de salmón puideron traer un molusco invasor.
- 06-11-12: A EU investigará o caso das gaiolas de salmón da ría de Muros.
- 08-10-12: Denuncian que as gaiolas de salmón de Muros non están a ser produtivas.
- 13-07-12: A Fiscalía confirma as denuncias pola morte dos salmóns nas gaiolas de Muros.
- 09-05-12: Os Salmóns de Muros xa están denunciados formalmente en Bruxelas.
- 29-12-11: As gaiolas de salmón de Muros xa chegaron ao Parlamento Europeo.
- 01-12-11: As gaiolas de salmón de Muros tamén chegan ao Parlamento Europeo.
- 22-11-11: Pescadores e defensores do medio ambiente levan as gaiolas de salmón de Muros á Fiscalía.
- 18-11-11: BNG e PSOE cargan contra as gaiolas de salmón da ría de Muros.
- 17-10-11: A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- 03-10-11: Unha de salmóns mortos en Muros.
- 15-09-11: Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado.
- 05-09-11: Denuncian que a Xunta cede a súa embarcación para salvar os salmóns de Muros.
- 06-06-11: A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón.
- A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros.
- Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón.
- 25-03-11: Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- 17-03-11: Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.
- 15-03-11: O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- BNG de Muros.