Outro susto cun pesqueiro rescatado na ría de Muros


O pesqueiro "Mar de Coira", con base en Portosín e con tres tripulantes a bordo, tivo que ser rescatado este martes por Salvamento Marítimo tras dar aviso que se atopaba á deriva nas costas atlánticas de Galicia cando navegaba fronte a Monte Louro, na ría de Muros.
A petición de auxilio foi solicitada polo propio pesquero "Mar de Coira", que estaba á deriva ao ter enganchado un aparello de pesca na hélice e non poder retomar o rumbo. O buque, con porto base en Portosín, levaba tres tripulantes a bordo que resultaron ilesos.
Salvamento Marítimo mobilizou á unidade de Salvamar Regulus que se desprazou ata o lugar do accidente ea remolcou o pesquero ata o lugar de O Freixo, en Outes, na mesma provincia. Os tripulantes saíron ilesos.
Ondanada de accidente
Dende comezos de ano as novas relacionadas con estes accidentes na mar son unha constante. Coa problemática da validez ou non do heliporto de Lires pendente, xa pasamos unhas semanas terribles arredor da traxedia muradá. A semana pasada o sur de Galicia vivía outro episodio aínda sen resolver co Mar de Marín, e Corme acodía ao rescate dun veleiro.
Esperemos que estas circunstancias se vaian calmando.
Novas relacionadas
- Domingo Guerra: Loito por culpa do mar.
- 14-04-14: Corme vive días tensos cun rescate por mar.
- 06-04-14: Recuperado o corpo do mariñeiro muradán do Santa Ana.
- 19-04-14: Descartan que os mariñeiros desaparecidos estean dentro do Santa Ana.
- 16-03-14: Os mergulladores rescatan o corpo dun mariñeiro de Muros.
- 15-03-14: O sector pesqueiro da Costa da Morte apoia aos mariñeiros do Cerco.
- 13-03-14: O mar vólcase ca traxedia de Muros.
- 11-03-14: 3 días de loito en Muros mentres se retoman as labores de búsqueda dos náufragos do Santa Ana.
- 10-03-14: Tres mariñeiros de Muros desaparecen nun accidente no mar en Asturias.
- 12-12-13: Un pesqueiro de Fisterra encallou nas rochas do Ézaro.
- Preocupación pola paralización do heliporto de Lires.