A Sala Nasmo expón a calidade dos seus bateristas nunha exhibición na Praza do Curro

Este sábado 23 de outubro, ás 17:00h, o Curro da Praza de Muros acolle o "Sala Nasmo Drummer´s Day”. Un festival-demostración para amosar o talento da mocidade do Concello, organizado en conxunto por varios colectivos fundamentais na vida social e cultural muradá como son a Sala Nasmo de Muros, en colaboración co Concello de Muros, Carrilanas Esteiro e Escola de Música Municipal de Muros.
Non poucas veces temos falado da importancia da Sala Nasmo na alta porcentaxe de bandas coas que conta Muros. O local de Ensaio serve de inmellorable plataforma para o desenvolvemento de grupos e artistas locais dende hai xa 11 anos. Un traballo dirixido tralo control técnico e coordinación por Juan Figueiras que se ve recompensado coa irrupción no panorama galego e estatal de bandas como ”The Rapants”, "Lisdexia”, "Archivo Adxunto" ou "Sonophobia” que levan o nome do Concello de Muros por todos os lugares nos que actúan.
O evento deste sábado consistirá nunha exhibición de 12 bateristas locais que interpretarán ao unísono 5 temas sobradamente recoñecibles da historia do rock. Ademais, realizarán a apertura do evento 4 alumnos da Escola de Música, outro dos entes fundamentais no fomento da creatividade musical na vila.
”Trátase dun evento singular que xamais se fixera antes na contorna”, explica Figueiras. “Temos varios obxectivos: promover a canteira musical muradá, crear un evento interxeracional no que convivan artistas de diferentes idades e estilos musicais que sirva ademais de encontro para a mocidade que vive ou traballa fóra, e que nos vale para seguir realizando actividades entre colectivos que permitan unha desestacionalización da programación musical”, apunta.
NOVAS sobre as bandas muradás
- Os muradáns The Rapants gañan o Concurso Sonidos Mans Salas.
- A banda Lisdexia ponse verbeneira co seu novo tema “Foliada Mástica”.
- O Dúo Minúsculo protagoniza o vídeo oficial do Festival Rompetiño Jump.
- The Rapants maridan cumbia e psicodelia no novo single autoproducido “La Mítica”.
- Sonophobia, a nova banda interxeracional xestada na Sala Nasmo.
- Xuño 21: A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo.
- Febreiro 2021: Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego.
- Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”.
- O muradán Lucas Rei Ramos acada o primeiro premio do Concurso Internacional de Composição de Póvoa de Varzim.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.
- ”A Sala Nasmo é un servizo crucial para o nacemento de bandas como Deleiba.
- Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia.
- As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer.
- Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- 2015: Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- 2015: Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- 2015: Muros bótase á risa e o humor con PahieCulo e Archivo Adxunto.
- 2014: Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- 2014: Un par de dilleis nas cavernas de Muros.