venres. 06.03.2026
El tiempo

The Rapants lanzan xa ao aire o seu cuarto álbum

The Rapants 2 © Andrea Sánchez
The Rapants © Andrea Sánchez
The Rapants lanzan xa ao aire o seu cuarto álbum

Tralas presentacións dos singles ”Non sei como” e ”Viaxei”, The Rapants lanzan hoxe o seu cuarto LP. Igual de fresco que sempre, “Rapants Club” é un álbum no que os muradáns queren agradecer ao seu público a súa compañía nestes anos, con varios ritmos novos, pero sempre co seus característicos reefs guitarreiros, acompañados de sintetizadores e retrousos pegadizos.

The Rapants dá un paso adiante, saca músculo e presenta neste Rapants Club -xa dispoñible nas plataformas dixitais- o álbum máis fiel ao carácter e gustos do cuarteto: son unha ducia de temas chamados a ser novos himnos para toda unha xeración. Influencias dos 70 aos 2000, do disco ao rock pasando polo indie, escóitanse en Jrasias Por Confiar, Tranquila, Todo Era Veneno, Máis Bicos Que Rosas, Suave, Por que son así, Ancoradoiro, Sin Medo, 22, Vai Ser Ijual (con versos épicos como quero jastarme máis contijo que na AP9” ou que a morte nos pille nun pogo a punto de romper”) ou a xas coñecidas Viaxei e Non Sei Como.

Desta volta, ademais, The Rapants con tres colaboracións. Alén da xa coñecida incursión, por vez primeira no galego, de Joe Crepúsculo -no tema Non Sei Como, o primeiro sinxelo do disco-, Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras) e Sara Faro (Fillas de Cassandra) suman as súas voces a Por que son asi. 

Concerto

A grande inauguración do Rapants Club terá lugar o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. Será unha gran festa para a música galega, logo de que os rapantes ampliaran a capacidade de asistencia: xa van máis de 5.200 entradas despachadas para a ocasión, na que se poderán escoitar por vez primeira ao vivo todos os temas do novo disco e, por suposto, celebrar algún dos grandes éxitos da traxectoria da banda. Os últimos billetes para acceder á apertura do Rapants Club están dispoñibles en www.ataquilla.com

A historia de The Rapants en QPC

Comentarios