sábado. 10.05.2025
El tiempo

Unha expulsión ilegal do pleno en Muros

Unha expulsión ilegal do pleno en Muros
A edila María Xosé Alfonso coa sentenza que considera ilegal a súa expulsión do pleno en xullo de 2011

Infórmanos hoxe a concelleira de Muros María Xosé Alfonso que vén de recibir unha sentenza que lle dá a razón e declara nula a expulsión dun pleno en xullo de 2011, así como todos os acordos posteriores, ademais de pasarlle as costas do proceso ao Concello.

Se ben a sentenza non é firme e seguramente a recurran dende o grupo de goberno, para a edila supón unha demostración de que "a alcaldesa non é impune e debe igual que todos nós, acatar as leis". E explica a súa postura: "Vinme na obriga de acodir aos tribunais para defender os meus dereitos fundamentais e fareino sempre que se vulneren".

Ademais, considera "unha proba evidente de que a alcaldesa recoñece que a expulsión foi ilegal e un gran abuso de poder para sacar adiante as súas retribucións, é que no mesmo día que se coñece a sentenza convocou un pleno extraordinario e urxente para aprobar os acordos (retribucións) que anula o xuíz", acordo que sacou adiante cos votos do PP.

Alfonso quere resaltar tamén que o xuíz calificou de "actitude reprochable" a que desenvolveu o avogado do Concello, un asesor xurídico contratado polo grupo de goberno.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de María Xosé Alfonso.

Comentarios