Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros
A pasada fin de semana Muros trasladouse no tempo para disfrutar das marabillosas Xornadas mariñeiras Muros Mira ao mar. Unhas xornadas que combinaron un pouco de todo: cultura, arte, gastronomía, música...
Pero ninguén mellor para compartir con nós o que supoñen estas Xornadas para Muros, que unha das súas organizadoras, Ana María.
O Muros mira ao Mar segundo Ana María
Non hai palabras para describir todas as sensacións vividas nesta festa mariñeira que cada ano se disfruta na fin de semana previa ás festas do Carmen en Muros.
Non quedou prácticamente unha rúa sen decorar o espíritu mariñeiro respirouse en tódolos recunchos e cada vez son máis os veciños e asociaccións que se implican e fan que estes días a festa dende a mañá ata altas horas da noite sexan inesquecibles. Pero este ano especialmente Muros tuvo un brillo especial quizais pola implicación dos veciños que cada vez é máis e maior, ou quizais polo ben que se ven organizando grazas a esta comisión formada por distintas persoas vinculadas ó mundo cultural, social, turístico e político, que tivo como obxetivo durante todo o ano o facer que Muros Mira ao Mar unha festa das nosas raices, unha festa que sin gastar grandes cantidades en fastuosos eventos tivera unha oferta cultural e musical impresionante.
Os obradoiros infantís e non tan infantís non deron abasto. Grandes colas de nenos e maiores para a cerámica ou para facer un cestiño, algún ata se atreveu cos Sancosmeiros ¡¡¡¡que mira que é dificil¡¡¡¡¡ para que logo o persoal se queixe dos precios e dígovolo eu son baratísimos para o traballiño que da facelos.
O obradoiro de maquillaxe infantil, o obradoiro de figuriñas de pasta de sal... ¡¡¡Fantástico!!! A animación e os nosos monitores en prácticas que se encargaron en todo momento de que todo isto funcionase, esforzándose, poñendo boa cara ao mal tempo que nos acompañou os primeiros días e organizando un mega xogo da búsqueda do tesouro que nos deixou abraiados da cantidade de nenos e papás que participaron correndo, cantando e superando toda clase de probas que piratas, pantasmas ou meigas lles ían poñendo en cada parada do circuito..
Agradecer a tódalas asociacións que participaron e que realmente tamén se esforzaron en que todo o mundo se sentira como nas mellores festas. Hai que agradecer tamén a tódolos veciños que soportaron as nosas molestias ben privándoos dos garaxes particulares ou do tráfico e ruídos a altas horas.
Agradecementos ao grupo de teatro municipal de Muros que con ilusión, esforzo e traballiños sacaron unha estupenda representación na rúa que foi todo un éxito de afluencia e xa teñen seguidores fieis ano tras ano.
Grazas a todos os que nos visitaron que fixeron que as listas de turismo se disparasen batindo marcas descoñecidas nestas fechas. Por todo isto é as felicitacións de amigos e descoñecidos paga a pena estar aquí, paga a pena ver como Muros se volca nunha festa que cada vez ten máis personalidade e alma mariñeira. Grazas a todos que o sentiron coma nós.
Máis información
- murosmiraaomar.wordpress.com.
- Facebook de "Muros mira ao Mar".
- Xornadas 2011: Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas 2010: Muros sabe a mar.
- O Traxe muradán nun libro.
- Abelleira prepárase para a súa particular invasión pirata.
- O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
- Muxía perfila o Mercado das Rutas do Mar e a I Feira de Oportunidades.
- Redacción de QPC ([email protected]).