Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A natureza vence o frío

A natureza vence o frío

Volveu o sendeirismo ser o protagonista da fin de semana tanto polo sur como polo norte da Costa da Morte. Fermosa foi a ruta polos Ríos de Sofán que artellou Senda Nova. E espectacular foi a 7ª etapa do Camiño dos Faros que percorreu o litoral de Muxía.

Ambas rutas superaron o frío e disfrutaron do sol.

O Camiño dos Faros

120 trasnos en marcha

120 trasnos percorreron o pasado venres 6 de decembro, aproveitando o sol e a ponte, a penúltima etapa do Camiño dos Faros, esa ruta que nace na rede e se fai real cada 15 días da man de Traski. Os amantes da natureza costeira percorreron 24 km que unen Muxía e Nemiña, coñecendo moitos recunchos do Concello muxián.

Foi unha etapa de montaña, subindo o Monte Cachelmo por exemplo, que brindou unhas vistas únicas de Camariñas, toda a ría, Muxía e Punta Buitra. Cuño, nova subida ao Monte Pedrouzo e Touriñán, outro lugar para gozar da auténtica Costa da Morte.

Foi a chegada a Nemiña, e a posibilidade de disfrutar doutro marabilloso solpor o perfecto cumio para unha xornada tan especial.

Etapa de montana no Camino dos Faros-Foto-J Varela

Só queda unha etapa para chegar a Fisterra, que os trasnos e todo o que se apunte farán o próximo 21 de decembro.

Ruta polos ríos de Sofán

Familia de Senda Nova por Sofan

Senda Nova artellaba unha ruta pola parroquia carballesa de Sofán, unha parroquia cruzada por regatos e ríos. O domingo, 8 de decembro, sen importarnos que fora ponte, que houbera xeada e que fixese frío, bravos carballeses botáronse ao monte para percorrer as fermosas ribeiras dos ríos Bardoso e Carral.

Xeada por Sofan

Últimas novas

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios