As Aventuras Atlánticas do Percebe da Barca espalla o amor pola comarca nas escolas
MemoriAtlántica é o novo proxecto de Percebe Da Barca, a asociación de Percebeiros de Muxía que dende 2020 aposta por poñer en valor todo o que rodea a cultura mariñeira da costa.
Agora, no seu empeño por concienciar ás novas xeracións da necesidade de permanecer nas vilas, enchelas de vida, traballar nelas, emprender novas ideas e coidar os seus recursos, Percebe da Barca estivo percorrendo os centros escolares, chegando ata máis de 700 escolares da Laracha, Camariñas, Laxe, Malpica, Muxía e Ponteceso.
Unhas visitas para presentar Aventuras Atlánticas, unha colección de seis relatos (feitos en castelán...) protagonizados por tres nenas e tres nenos da Costa da Morte no que os beneficios de emprender, traballar, coidar e innovar son protagonistas. explicou na Costa da Morte.
A acollida está a ser tan brutal que os percebes xa pensan en novas accións de concienciación, aproveitando os podcasts e vídeos recollidos en www.memoriatlantica.com.
Como nace PercebedaBarca
Coincidindo coa crise desatada polo COVID, os percebes de Muxía, como o resto dos mortais, tiveron que parar a súa actividade. Foi entón, aproveitando o tempo de confinamento, cando decidiron pensar que facer para seguir destacando o percebe, a costa e os produtos do mar das súas casas. Así, xurdiu a idea de crear unha marca para identificar os extraordinarios exemplares de percebe nas pedras máis próximas ao santuario da Barca. Chamáronlle “Ouro Atlántico” e, presentado nun envase gourmet digno do mellor dos escaparates de calquera xoiería, non tardou en conquistar as mesas dalgúns dos restaurantes máis exclusivos de todo o país. "Onde podemos conseguir percebes así?" Esta foi a frase máis repetida despois dunha primeira campaña de lanzamento que causou sensación nas redes sociais e nalgunhas das feiras gastronómicas máis populares do noso país.
Pero os percebes da asociación non quedaron satisfeitos con iso e seguiron deseñando proxectos para poñer en valor as vilas costeiras e os seus produtos. Unha ruta única do percebe, podcast e vídeos promocionais e mesmo perseguindo a declaración do comercio do percebe como patrimonio inmaterial da humanidade.