Venres. 26.04.2024
El tiempo

Denuncian o atraso no inicio das obras para a mellora da estrada de Leis

PP Muxia en LEIS
Denuncian o atraso no inicio das obras para a mellora da estrada de Leis

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña trasladou, a través da súa viceportavoz, Evaristo Ben, a demanda que os populares de Muxía fixeron para que a institución provincial poña en marcha “dunha vez por todas as obras necesarias para a mellora da estrada de Leis ao seu paso polo municipio.

Os populares aproveitaron o pleno celebrado o pasado venres, no que se apobou un Plan de Acción Urbana para a comarca, para lembrar que foi o propio presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, o que hai un ano anunciou –con visita incluída á zona- o inicio inmediato do proxecto. “O que traemos aquí hoxe, en realidade, é un rogo á súa propia política. Hai un ano comprometeuse a levar a cabo unha actuación da que non temos
noticias, nin trazas de que se vaia a iniciar en breve”,
dixo Ben.

Comentarios