xoves. 13.02.2025
El tiempo

Mar de Fábula fai un chamamento ao voluntariado para a limpeza da praia dos Muíños

Limpeza nos Muinos
Limpeza nos Muinos
Mar de Fábula fai un chamamento ao voluntariado para a limpeza da praia dos Muíños

Confiando en que non pase unha nova borrasca, a comprometida Asoc. Mar de Fábula convoca unha nova limpeza, unha nova actividade de confraternación e unión no coidado da natureza.

A cita será este sábado, 1 de febreiro, con quedada ás 11:00 no aparcamento da praia dos Muíños, Muxía. A entidade xa leva todo o material necesario, contando co apoio loxístico municipal.

A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no correo electrónico: [email protected], ou no número de teléfono: 660242118.

”Non é o noso lixo, pero si é o noso planeta”, lembran.

PLACTON en Baldaio

Paralelamente, máis dun cento de estudantes e profesores do Centro de Formación Profesional Afundación de A Coruña participarán mañá nunha xornada de limpeza de lixos mariños nas praias de Baldaio e Razo, en Carballo, no marco do proxecto PLACTON. A cita será este xoves ás 10:00h.

Máis novas

Comentarios