Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muxía propón unha tarde solidaria de cine, diálogo e arte, co pobo palestino

Tarde solidaria con Palestina en Muxia
Muxía propón unha tarde solidaria de cine, diálogo e arte, co pobo palestino

Este domingo 3 de marzo a realidade palestina volve ser protagonista en Muxía. Da man do BNG, e de Mohamed Safa, que xa estivo hai pouco no cole de Vilarmide, preparan unha Tarde solidaria, con sesión de cine, mesa redonda, subasta de arte e petiscos.

A cita desenvolverase na Biblioteca de Muxía, e arrincará ás 19:00h. Despois dunha proxección haberá unha mesa redonda, e ao rematefarase a venda de obras de arte doadas por Alexandro, Antón Sobral, Cari Camarero, Carmen Hermo, Correa Corredoira, Emma Pedreira, Fernán Vello, Gervasio Sar, Inma Doval, Juan Louro, Marcos Rodríguez, Nolo Suárez, Rafael Loureiro, Viki Rivadulla, Xacobe Meléndrez, Xesús Búa e YanoYoro.

Todo o recadado irá destinado á Axencia da ONU Para os Refuxiados Palestinos (UNRWA).

Más novas

Comentarios