Nemiña necesita máis voluntarios para cambiar chapapote por Papaventos


Aínda lembramos a estampa do Rostro cheo de papaventos negros o pasado xaneiro gracias á performance artellada polo mallorquín Martín Monjo co afán de homenaxear á Marea Branca que cambiou de cor as nosas praias. A proposta continúa, e o fai en Nemiña, onde ademais de milleiros de galletas de chapapote, poderemos ver voando medio centenar de papaventos.
Segue buscando a acción "Papaventos 13N; Papaventos na costa galega", voluntarios para este vindeiro sábado 6 de abril ás 12:00h na praia de Nemiña, en Muxía. Podedes apuntarvos en papaventos13n@gmail.com. Non se precisa ningún coñecemento previo en voar papaventos, só gañas de participar nunha acción tan fermosa coma esta, que vai durar aproximadamente unha hora.

Aquí vos deixamos cun vídeo da acción no Rostro:
Máis información
Novas relacionadas
- 05-01-13: Os Papaventos negros surcaron o Rostro e lembraron á Marea Branca.
- O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense:
- Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Lira centra a homenaxe á Marea Branca.
- Muxía reabriu as feridas do Prestige.
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
Outras novas
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
- Seguemento especial Xuízo Prestige: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- Verdades de José Luís Louzán: Cheiro a fuel.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).