Martes. 07.05.2024
El tiempo

O Círculo de Xadrez Muxía ascende á 2ª División galega

O Círculo de Xadrez Muxía ascende á 2ª División galega
O xadrez prendiu en Muxía e xa conta con dous clubes nas Ligas galegas-Foto- Xadrez Oroso

Segue en marcha a Liga Galega de Xadrez, e xa podemos celebrar, a falta de tres roldas para a finalización da liga, o ascenso matemático á 2ª División do Círuclo de Xadrez Muxía. Con 29.5 puntos ten unha ventaxa de 5 puntos sobre o segundo clasificado, polo que para a vindeira campaña xogará na terceira categoría nacional.

Esperemos que para o ano sexan dous os equipos na 2ª División, unha vez que o Clube de Xadrez Cabo Touriñán A está en postos de descenso.

Tarde de derbi

En todo caso, a fin de semana viviuse intensa nos Muíños, onde tivo lugar o derbi máis importante do ano 2013, enfrontándose o líder da 3ª División da Liga Galega, o propio Círculo Xadrez Muxía, cun potentisimo Cabo Touriñán B, acadando un resultado de 4-0 favorable ao Círculo.

Teremos que estar atentos a estes do Círculo, pois contan con varias estrelas, como Ziro Tachibana, xogador que esta chamado a ser o grande talento de Galicia e tamén a grande revelación feminina, Lucía Cabanillas, considerada unha das últimas xoias do xadrez muxián. Cómpre subliñar tamén a grande campaña que esta a facer o terceiro taboleiro, Álvaro Tarrela.

Máis información

Novas relacionadas

1ª Circuito de Xadrez Costa da Morte

Fonte

  • Círculo de Xadrez Muxía.

Comentarios