O Santuario da Virxe da Barca estará rematado antes de que remate o 2014
Cando xa temos as Festas da Barca aí diante, lembrámonos, aínda que non se vai poder acceder á el durante as mesmas, das obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca. Xa van 8 meses dende que aquel despiadado raio prendese a chispa para que o lume arrasase co interior dun dos nosos mellores edificios patrimoniais. Tras moitas idas e voltas entre Igrexa e Xunta, as obras estanse realizando cos fondos clericais, e a cousa vai mellorando.
O máis visible é o tellado, onde a estrutura de madeira xa vai collendo forma. Os andamios substituíron ás imaxes e tanto por dentro como por fóra todo o edificio está cuberto de traballadores subidos aos andamios. Pode que a cuberta, de pizarra, quede rematada nun par de semanas.
A restauración dos retablos é outra historia. Se ben o retablo maior quedou completamente esfolado, si que hai outros recuperables. Pero ten que quedar todo o interior como unha patena para poñerse a traballar. A mediados de setembro volverán de Valladolid, onde os garda unha das empresas adxudicatarias, poderemos coñecer avances.
Afirman que en decembro as obras estarán rematadas e o Santuario poderá volver a abrir as súas portas a veciños e peregrinos.
Artigos sobre o incendio do Santuario da Virxe da Barca
- Viki Rivadulla: A Barca, a pedra e o futuro.
- Luchy Castro: “A Barca, unha Seña de Identidade muxiá”.
- Viki Berre: “Que a Barca nos leve a alma, pero non o sentido común”:
- Manuel Vilar: A Barca: reflexións sobre unha xeografía simbólica.
- Lema Suárez: Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía.
Novas relacionadas
- A Romaría da Barca pechará o verán por todo o alto.
- 31-03-14: Os técnicos propoñen situar a Pedra de Abalar no lugar idóneo para que volva moverse.
- 08-01-14: A Igrexa asumirá integramente o custe da rehabilitación do Santuario da Barca mentres a Xunta adxudica xa o proxecto.
- 30-12-13: Os bombeiros critican a falta de recursos pero louban a labor de Protección Civil no incendio da Barca.
- 27-12-13: A imaxe da Virxe da Barca está a salvo pero os gastos da rehabilitación rozarán o millón de euros.
- 27-12-13: Da repercusión do incendio do Santuario da Virxe da Barca.
- 25-12-13: Un raio incendia o Santuario da Virxe da Barca por Nadal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz.