Venres. 29.03.2024
El tiempo

Parador de Muxía: Comezando a segunda fase

Parador de Muxía: Comezando a segunda fase
Obras do Parador de Lourido -Foto-Leo Moreira

Había máis dun ano que non repasabamos as obras do Parador. Dende que o BNG muxián pedía a declaración das dunas de Lourido como Espazo Natural de Interese Local, pouco despois de anunciar a construción dun campo de golf, as obras non se pararon en ningún momento, e seguen lentas pero seguras.

Unha obra que debería estar en marcha en 2015, e que hoxe ve como remata o prazo para presentar propostas para a segunda fase das obras da estrutura do edificio, licitada por Tragsa. Unhas obras con máis de medio millón de euros de orzamento e un prazo de execución de 6 meses, que se licitan con 6 meses de retraso, que é o que leva a obra, polo de agora, tralos 370.000€ investidos na primeira fase.

Aínda queda moito por facer: a segunda fase da estrutura, o acondicionamento interior, a construción do campo de golf de 9 furados (6 hectáreas) nos arredores… Veremos se para 2015 está lista.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios