Xoves. 13.06.2024
El tiempo

O Parador de Lourido acolleu a entrega dos Q e os S de Calidade

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, e da delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, asiste á entrega dos distintivos Q e S de Calidade Turística 2024. Parador de Muxía, 31/5/24.
O Parador de Lourido acolleu a entrega dos Q e os S de Calidade

Deuse un baño de calidade o sector do turismo da Costa da Morte esta mañá de venres 31 de maio no Parador de Lourido. A comitiva da Xunta achegábase cunha gran despregadura para facer entrega de distintivos Q e S de Calidade Turística 2024 da Axencia de Turismo de Galicia.

Son varios os establecimentos con estes distintivos da comarca (como o Balneario de Carballo ou o propio Parador), pero hoxe só lles tocaba renovar a Q aos Hotel Altonadok Faro de Lariño, ao Banco Azul de Fisterra, así como a S de Sostenibilidade do Hotel Bela Fisterra.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, e da delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, asiste á entrega dos distintivos Q e S de Calidade Turística 2024. Parador de Muxía, 31/5/24.
Jesús Picallo con Alfonso Rueda,

Alí estiveron Jesús Picallo e Pepe Formoso para recoller os distintivos, acompañados por outros membros da APTCM como Damián Álvarez ou Julio Castro (director do Parador) nunha sesión na que refrendou nunha idea clara: “Turismo de calidade para loitar contra a desestabilización. Así o repetiu o presidente que quixo salientar o traballo que se está a facer en Galicia para combinar ambos aspectos, apostando por un turismo que sexa respectuoso co medio, e puxo a Muxía como modelo claro neste eido: “Muxía é un perfecto exemplo, que está vendo no turismo un recurso fundamental que está cambiando Muxía para ben sen cambiar a súas esencia”, declarou referíndose aos máis de 1,3 millóns de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos galegos nos primeiros catro meses do ano e á crecente tendencia á internacionalización do destino, cun crecemento do 5% do número de turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia no que vai de ano: “Hai catro anos, en plena pandemia, todo o mundo pensaba que ía costar moitísimo chegar ás cifras do 2019, e resulta que estamos moi por enriba”, salientou.

Este ano entregáronse 53 novas distincións “Q” de Calidade e 39 “S” de Sostibilidade. Actualmente, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q de España e a cuarta de distintivos S.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, e da delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, asiste á entrega dos distintivos Q e S de Calidade Turística 2024. Parador de Muxía, 31/5/24.
Pepe Formoso recollendo a S do Bela Fisterra

Máis novas

Comentarios