Martes. 15.10.2024
El tiempo

O PP muxián intenta mediar coa Xunta para solucionar o intento de pechar os secadoiros de congro

Muxia congro 1976-Foto-Caamano
Imaxe dos secadoiros de congro en 1976-Foto-Ramón Caamaño
O PP muxián intenta mediar coa Xunta para solucionar o intento de pechar os secadoiros de congro

Tremenda a mobilización social que está tendo lugar da man da campaña "Eu apoio os Secadoiros de Congro de Muxía”. Ata o PP local ten que saír á palestra, para intentar mediar nun conflito inventado pola Consellería de Sanidade sobre unha hipotética insalubridade dunha artesanía centenaria.

A voceira do PP local, Sandra Vilela, asegura que mantén contacto directo coa Xunta de Galicia para “tratar de buscar a mellor solución aos problemas” xurdidos nas últimas semanas. “Coñecemos o fundamental que resulta que a familia afectada poida seguir adiante cunha actividade que vai máis aló do económico e que ten que ver tamén coa cultura e co aspecto identitario da comarca”, indicou Vilela, que apenas asegura que “tanto desde a delegación territorial da Xunta de Galicia como desde as consellerías do Mar e de Sanidade trasladáronlle o compromiso de poñer todos os medios necesarios para solucionar este problema".

Novas relacionadas

Comentarios