Últimos días de prazo para a matriculación na FP Básica Dual Intensiva en Cociña e Restauración de Muxía

10:54 01/07/24
O IES Ramón Caamaño de Muxía anuncia o prazo de matriculacón para o FP Básica Dual Intensiva en Cociña e Restauración. Unha formación fundamental para o sector turístico, porque estamos a presenciar os primeiros pasos firmes na demandada profesionalización da hostalería e a restauración.
Xa podes inscribir ata o 4 de xullo, seguindo as indicacións que aparecen na páxina web do IES Ramón Caamaño ou chamando ao centro.
Modelo Dual
O modelo Dual Intensivo comeza xa neste primeiro curso, e supón que o alumnado se formará nas distintas empresas colaboradoras desde abril, asegurados e cobrando un salario de alomenos 630€/mes.
As empresas colaboradoras serán as seguintes:
- Paradores (Muxía).
- As Baleas (Muxía).
- A Marina (Muxía - Cee – Fisterra).
- Hotel Insua (Cee).
- O Semáforo (Fisterra).
- A Casa da Canle (Vimianzo).
- Casa Sabina (Vimianzo).
- Restaurante Edreira (Vimianzo).
- Restaurante Mar de Laxe (Laxe).
- A Marina (Camariñas).
- Taberna do Bico (Camariñas).
- La Tavernetta da Ponte (Ponte do Porto).
Máis novas