Bm: Un derbi para pechar a liga

Rematou a 2ª Fase da 1ª Autonómica Feminina, e fíxoo cun divertido derbi costeiro entre o Balonmán Xallas Mantido Contruccións SL e o Bm. Mostra do Encaixe de Camariñas. Non cambiou a posición final dos dous equipos a vitoria xalleira, pero o partido si se aproveitou para distribuír minutos entre as menos habituais e pechar unha temporada positiva.
O cadro xalleiro remata líder do grupo desta 2ª fase, pechando o curso con 5 vitorias concutivas na 11ª praza. Pola súa parte, as camariñás pechan na 3ª posición, nunha 13ª dun total de 18 equipos.
“Comezamos a liga co obxectivo de afianzar o bloque e dar outro pasiño máis adiante subindo ano tras ano na clasificación”, comenta un orgulloso adestrador encaixeiro Alberto Mas, que recoñece que se ben o equipo empezou ben o curso, as vicisitudes impediron manter unha boa cadencia de adestramento. “A liga a nivel xeral foi moi boa, non só polo posto que quedamos na primeira fase se non polo nivel de xogo colectivo”, valora o adestrador.
Pola súa parte, Miguel Ángel Barbeira, o míster xalleiro, fai este balance: "Tempada na que se empezou cun bo número de xogadoras, o que daba ilusión ao proxecto de non descender, aínda que pouco a pouco e por causas de falta de disciplina e compromiso o equipo foi mermando en número pero gañando en experiencia e saber facer nas facetas de xogo, sobre todo en saber controlar os partidos, polo que considero que foi unha evolución foi positiva".
1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 6
- Resultado: Bm Mostra do Encaixe - BM Xallas (26-29)
- Bm Mostra do Encaixe: Miriam, Binta; Paula, Miriam P. (1), Yanira (1), Lucía, Cristina (4), Vero (4), Muna (9), Carla (3), Águeda (3), Marta (1), Nuria e Sara.
- Bm Xallas: Miriam, Patricia, Inés, Laura (13), Julia (2), Leticia, Raquel (3), Beatriz, Miriam C.(6), Aida, Samantha (2) e Zaira (3).
Os dous equipos empezaron algo apagados pero pouco a pouco o Xallas colocouse por diante no marcador e aínda que o Encaixe dou o arreón final, e nos últimos minutos o resultado estivo moi loitado, as camariñás non foron quen de alcanzar ao cadro verde.
Agora toca centrarse na última competición da tempada que é a Copa.
Máis información
Crónicas do curso
- Balonmán: O BM Xallas escapa.
- Balonmán: Doble triunfo para xalleiras e encaixeiras.
- O BM Xallas puido co Mostra do Encaixe.
- O BM Encaixe comeza a segunda fase con vitoria.
- 25-02-2022: O BM Mostra do Encaixe estivo a piques de derrotar un dos galos da categoría.
- 07-02-2022: O Pavillón Víctor Vigo viviu un sábado cheo de balonmán.
- 25-01-2022: Balonmán: O Mostra de Encaixe deixa atrás outro rival
- 18-01-2022: O Bm. Camariñas Mostra de Encaixe comeza o ano cun claro triunfo.
- 17-01-2022: Concello, Bm. Camariñas e Federación Galega únense para fomentar o balonmán na Costa da Morte.
- O Balonmán Camariñas vive un proceso de relevo xeracional