Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría vence o duelo no alto e ponse de novo líder

Voley Dumbria
O Volei Dumbría volve ao liderato
O Volei Dumbría vence o duelo no alto e ponse de novo líder

Importantísimo triunfo do Volei Dumbría na xornada 14 da Superliga Masculina 2, ante o segundo clasificado do grupo A. O Extremadura Grupo Laura Otero vendeu cara a súa pel, pero o cadro dumbriés conseguiu vencer por 3-1 con parciais de 27-25, 25-16, 22-25 e 26-24.

Empezaron dominando os extremeños grazas a unhas boas prestaciones en bloqueo e defensa, situándose por encima no primeiro set 14-21. Tiraron de garra os locais guiados por uns grandes Néstor González e Dani Muñoz para empatar a 23 o set e impoñerse finalmente por un axustado 27-25.

No segundo set o Voleibol Dumbría marcou o ritmo cos bloqueos de Carlos Mosquera. Aguantaron os visitantes, poñendo o 2-1, pero os locais foron fortes e conseguiron vencer no cuarto.

Voley Dumbria ante Extremadura

A próxima semana os galegos visitarán ao CD Badajoz Estremadura noutro partido polos postos máis altos da clasificación.

Novas relacionadas

Resumo da traxectoria

Comentarios