Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza"
No marco da crise de goberno do goberno de Ponteceso, este sábado chegan 3 cartas de edís dirixidas ao alclade Lois Carballido.
Carta de Carlos Penedo a Lois Carballido
O alcalde do concello de Ponteceso está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza. A vocación poliíica queda en segundo plano. A millora veciñal de vivir nun concello mellor, con servizos necesarios para ter unha prosperidade, unha calidade de vida mellor, onde a Cultura é un dereito e o patrimonio e un ben cultural que temos que coidalo. Non poden desenrrolarse por estar o concello de Ponteceso colapsado por culpa do soldo do primeiro respondable. Na comisión de Facenda as contas do concello non están para tirar foguetes. Todo o conseguido co tripartido, na xestión económica, estase perdendo pola falta de responsabilidade polít ica. Son tempos de austeridade e non gastar ao tolo.
Por aí, APIN presentou unha moción para rebaixar o soldo do alcalde. Todos sabemos o resultado da votación.
En tempos do tripartito, mais do mesmo. Os tres grupos políticos fixemos un pacto de goberno, antes da sesión de investidura do alcalde. Problemas, moitos problemas, para manter firme o pacto. A gota que colmou a paciencia foi que o alcalde quería cobrar máis do pactado.
Entendo a politica como unha ferramenta para resolver os problemas da xente. Un politico é un servidor público e é a veciñanza quen ordea.
- Calos Penedo, portavoz e concelleiro do BNG no goberno tripartito (2015 - 2019).
Novas do caso #PSOEPonteceso
- 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios”.
- 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: “O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada”.
- 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso.
- 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto.
- 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso.
- 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado “unilateralmente” polo alcalde por “opinar priorizando o interese dos veciñ@s”.
- 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde”.
- 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación.
- 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde
- 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista.