Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Piden á Provincial Socialista a dimisión de Carballido

Lage Tunas con Lois Carballido en Ponteceso
Lage Tuñas durante unha visita a Ponteceso
Piden á Provincial Socialista a dimisión de Carballido

Semella que se segue cocendo a lume lento a moción de censura en Ponteceso. Pero parece que a ola a presión está a punto de estoupar, a teor do que vemos nos últimos plenos. A última sesión, ademais de deixar aprobada unha comisión de investigación sobre as gravacións, a pesar de non poder escoitar o audio que exculpa aos edís non adscritos da “chantaxe” manipulada polo alcalde, provocou unha denuncia ante a Garda Civil ante a posible destrución de documentos de Lois Carballido.

Con este ambiente, os 5 ex edís do goberno veñen de pedir, unha vez máis, a dimisión de Carballido, facendo referencia directa, desta volt, aos dirixentes da Executiva Provincial do PSdeG - PSOE, con Valentín Formoso e Lage Tuñas á cabeza”.

Os edís denuncian que “o Alcalde actuou de mala fe” no asunto da propia gravación, pedindo, ”unha reunión para provocarnos e facer unha montaxe coa fin de desprestixiarnos diante dos nosos veciñ@s, poñendo en duda a nosa honradez e buscando unha expulsión do partido”, denuncian os edís afectados. “Non entenderemos nunca por que os dirixentes dun partido que se din de esquerdas, progresistas e feministas non nos deron a oportunidade de emitir a nosa versión, en vez diso fixeron "leña do árbol caído””, denuncian os edís, pedindo á Provincial que “asuman a equivocació, pidades disculpas e actuedes co Alcalde coa mesma contundencia que o fixechedes con nós no seu día”.

Os 5 edís denuncian tamén a participación como “cómplice” das dúas edís que seguen no grupo de goberno cun Carballido, que mesmo se negaba a recoñecer a súa voz no audio nunha entrevista na Radio Nordés.

”Por todo isto, por utilizar o máis "sucio" como estratexia política o Alcalde debe dimitir, senon é así a Executiva Provincial debe asumir a sua responsabilidade e apartalo polo ben da sociedade e do propio partido. Se non o fan esperemos que en algún momento lles remova conciencia de facer tanto dano e vaian saindo á luz a verdade dos feitos, como quen nos mandou o audio cunha nota que poñía "hai máis””, explican en relación á identidade anónima que lles filtrou o devandito audio.

Novas relacionadas

Comentarios