Pondal une á cova céltica da literatura da Costa da Morte
Segue o XIX Simposio Pondaliano convertindo a aldea do Couto nun epicentro cultural. A Fundación Eduardo Pondal fai desta aldea global, e nome a nome, un exemplo para exportar no mundo enteiro.
A cita desta pasada fin de semana foi unha cita especial, pois xuntaba a máis de 20 escritores da nosa bisbarra recuperando case que a esencia do Batallón Literario da Costa da Morte. I é que poucos poderían xuntar nun mesmo espazo, a fermosa reitoral de Cospindo, xentes como Suso Bahamonde, Rosalía Fernández Rial, Modesto Fraga, Concha Blanco, Suso Lista, Miguel Anxo Calvo, María Canosa, Paco Souto, Pepe Albores, Xosé Antonio Andrade, Xosé María Lema, Fernando Cabeza Quiles, Ramón Vilar Landeira, Xan Fernández Carrera, Monde Lendouro, Farruco Graña, Mercedes Queixas, Gabriel Varela Pose, Carmen Muñoz, Rafael Lema, Mone Lendoiro, Xabier Maceiras, Fernando Patricio Cortizo, Xelucho Abella, Ricardo Bello, X. H. Rivadulla Corcón…
A xornada serviu para dar conta da potencia que ten a nosa literatura e universo poético. I é que temos grandes novelistas e ensaistas; pero tamén fantásticos escritores e ilustradores de literatura infantil; temos guías que son tesouros; somos potencia ademais en materia poética, e que dicir da sabedoría local en materia de naufraxios…
Libros como “Contos de Taberna”, son un perfecto exemplo do que falamos. Nel Vidal, normalizador carballés, presentou este libro conxunto, editado por Edicións Embora da man do Concello de Carballo, con nomes como Ramón Vilar Landeira, Rosalía Fernández Rial, Mercedes Queixas, Paco Souto, Ignacio Silva, Jose´A. Andrade, Farruco Graña, Santi Garrido, Hernique Mariño, Santiago Pazos, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, María Canosa, A. Varela, Fernando Cabeza Quiles ou Beatriz Fraga.
Pero houbo moito máis, como o “Salseiros” de Suso Lista; “As aventuras de Pelusa” de Xelucho Abella Chouciño; “Expansión” de Suso Bahamonde; “20 poemas en remanso” de Carmen Muñoz Fernández; “De Liverpool ás Sisargas” de Fernando Patricio Cortizo e Xabier Maceiras; a “Tranfusión Oceánica” de Xosé Iglesias; A “Toponimia celta de Galicia” de Fernando Cabeza Quiles; A “Breve historia y leyendas de la ermita de San Pedro de Refoxo y Merlos”, de Ricardo Bello Mato; “Arrieiros de Brantuas e Niñóns”, de Gabriel Varela Pose; A “Costa do Solpor” de Xosé Lema Suárez; os “Soños do mar” de Rivadulla Corcón; o “Catuxa quere saber máis” ou “As noites de Xián” de Concha Blanco; o “Pasen y vean” e outros, de María Canos e Dani Padrón; “Os televisores estrábicos” de Ramón Vilar Lavandeira; “Fisterra, a derradeira perla de occidente” de Modesto Fraga; a guía “Descubre Muxía” de Xan Fernández Carrera; O “Catálogo de Naufraxios da Costa da Morte” de Rafael Lema…
Os Bos e Xenerosos
Xa fixo públicos a Fundación os galardóns dos “Bos e Xenerosos”, que se entregarán o vindeiro xoves 27 de novembro ás 18:00h na Fundación. Este ano son 4 os galardoados polo que a entidade entende como gran traballo en defensa e promoción da lingua e da cultura galega nos diferentes eidos da cultura.
Os nomes son importantes a nivel galego: Dolores Vilavedra, mestra de Literatura galega na USC; Susana Seivane, a gaiteira máis internacional; Felipe Senén, o arqueólogo ourensán que tanto apreza a nosa bisbarra, así como o músico e compositor Roi Casal.
Programa do Simposio
Novas relacionadas
- De Pondal a Díaz Castro, polas verbas de Xurxo Souto e os solpores de Xulio Barreiro.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- A mocidade voluntaria do Couto levanta a man.
- 10-13: Do enorme traballo de canteira dende O Couto.
- O Couto refrenda a sintonía de Neira Vilas na Costa da Morte.
- A Aldea sostible do Couto salva ao rural mundial a base de cultura.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?.
- A Fundación Eduardo Pondal é galardoada co V Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.
- Adrián Varela, da canteira do Couto: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2014: A Aldea das Letras abre os ollos a outros mundos para seguir facendo país.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).