Ponteceso prepara unha Semana Santa de sendeirismo e pinchos


Se xa vimos varias propostas para a Semana Santa costeira, hoxe paramos en Ponteceso para ver as súas actividades. Citas que van dende o sendeirismo ata os Pinchos, pasando polos coches clásicos.
Doble cita de sendeirimos para o Xoves 28 e o venres 29. Completa a do xoves, pois despois de facer a Ruta de sendeirismo PRG 148 de Ponteceso a Corme, haberá visita o museo de Arte contemporánea da Costa da Morte, un antar no restaurante Miramar de Balarés para rematar cunha visita a lugares turísticos do concello -en autobús.
Para o venres 29 toca ruta de sendeirismo a carón do río Anllóns, 10 km pola ribeira do río e os montes de Talo e Tella.
Durante o sábado 30 terá lugar o II Concurso de Pinchos de Ponteceso. Poderanse degustar os pinchos de balde coa consumición na Casa Eiroa, Bar Rosalía, Bar RS, Faldra Folk, O Cruce, Madison, A Pesqueira e Abeira.
Ademais, durante o sábado terá lugar tamén o Mercado de 2ª man de Ponteceso.

E para o domingo 31, tocará un pase-exposición de coches clásicos como o Rali 1000 Vistas Clásico que pasou a pasada semana pola Costa. Pasarán por Ponteceso de 11:00 a 12:30 e poderanse disfrutar na Praza do Pan de 12:30h a 13:30h e no Recheo de 16:00h a 18:00h
Novas relacionadas
- Muxía ten listo o congro para a Festa de Semana Santa.
- Cee fai o Camiño por Semana Santa.
- Carnota volve deixarse ver na segunda Mostra Víndemo ver.
- Fe e troula compaxínanse nas Festas do Cristo de Fisterra 2013.
- Xa chega a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 2013.
Fonte
- Concello de Ponteceso.