Martes. 10.09.2024
El tiempo

Todo en marcha para o gran festival VdeValarés

Todo en marcha para o gran festival VdeValarés
Horarios do Festival VdeValares 2014 Obras de montaxe do VdeValares 2014

Despois dunha pequena modificación por asuntos técnicos, xa temos os horarios e escenarios para o grandísimo e esperado Festival VdeValarés 2014. Estes días os bañistas (o martes porque mércores e xoves…) conviven coas obras para poñer en marcha os 3 escenarios. Si, 3 escenarios, neste o único festival costeiro que forma parte da rede Son Estrella Galicia, nome que leva o escenario principal. Pero ollo que tamén temos o Escenario praia Sons para a sesión vermú, a media tarde e o fin de festa, e o Escenario Eco Sons (facendo un guiño ao sentmento ecolóxico do festival) para os concertos de despois de comer.

Ademais, a venda de entradas está ata sorprender á organización, e pode que as cifras de visitantes sexan verdadeiramente mareantes.

Boa música e bo tempo

Da música darán conta dúas bandas internacionais, seis bandas nacionais e seis bandas galegas. Os cabezas de cartel serán The Undertones, na súa única parada española, de acompañados por Lisa & The Lips, We Are Standard, Depedro, Corizonas, Triángulo de Amor Bizarro, ElyElla Djs, Disco Mordisco, Crudo Pimento, Escuchando Elefantes, Lady Leño, Cool Funeral, Lowcos e Nano Vinilo. Aí é nada.

E para completar a fin de semana, e tendo en conta que Valarés é moito máis que música (a paraxe natural e os horarios da sesión vermú permite pasar unha fin de semana completa no lugar), hai que saber que vai facer bo tempo ademais, como nos contan os amigos de 4gotas:

Entradas

Polo de pronto, nós xa imos saciando as #GanasdeValarés reservando a nosa entrada anticipada; 15€ + GASTOS (ata o día 13) Entrada en taquilla; 18€, Acampada incluída en ticketea.com. E para o que aínda non teña visto, disfruten do vídeo oficial:

VdeValarés SON EG 2014. Spot Oficial. #GanasdeValarés. from VdeValares on Vimeo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas da Axenda Sonora

Fonte

Comentarios